01/09/2020

O LOBOTO

 O LOBOTO

( Por David Baladrón de 1º D)

    É un coñecido lobo laranxa galego con dúas colas que viste catro botas de la. Fai durmir as ovellas aloumiñándoas cos rabos para despois quitarlles a la coas garras e facer con ela as botas . Non se leva ben cos gandeiros , porque cando lles quita a la ás ovellas non é capaz de non ferilas. Aos tres anos de fabricar unhas botas ten que facer unhas novas. 
    Está en perigo de extinción porque non sobrevive sen botas e, coas botas postas pon pode quitarlles a la ás ovellas para fabricar as novas que necesita cada tres anos. Un día , hai moito tempo, un loboto coas botas case rotas atopou a casa dun gandeiro . Para sobrevivir , levoulle as botas. Cando escaba , o gandeiro viuno e xurou vingarse. Dende entón o loboto non se deixa ver no campo e só colle a la das ovellas perdidas.



0 comentarios:

Enviar um comentário