01/09/2020

A MURMIGA

 

A MURMIGA

( Por Lucas Carro Pedreira  de 1º D)



         A murmiga é unha formiga normal, pero cunha peculiaridade que a diferencia das demais: no canto de ter dúas antenas na cabeza, ten un rolo de papel moi forte que lle serve para atrapar as súas presas. Este rolo rexenérase cada vez que se acaba. A esperanza de vida dunha murmiga é de oito anos aproximadamente, o que é moito para unha formiga.

Un día unha murmiga estaba con febre e sacaba moitísimo papel cando non quería. Entón, a murmiga entrou na casa dunha xente moi rica e sen decatarse soltou moito papel. Como a familia se deu conta  atrapouna. Deixárona que sacase todo o papel que tiña ata que rematase a súa vida.

 

0 comentarios:

Enviar um comentário