01/09/2020

A RA QUE HIPNOTIZA

  A RA QUE HIPNOTIZA

( Por Alfonso Piñeles, de 1º D)


Este animal leva na Terra uns 8000 anos. É unha especie de ra que pesa arredor de cinco quilogramos. Ten o corpo de dúas cores, azul e celeste, pero a súa barriga é branca. Sae a cazar polas noites e ten o poder de hipnotizar outros seres vivos.

Conta unha historia que preto dun lago  había unha pequena vila na que vivían  unhas trescentas persoas. Cada día aparecían cadáveres no lago e non sabían que estaba pasando. Entón chamaron a un investigador para que o averiguase pero non foi capaz, e a ra hipnotizadora seguiu matando.

0 comentarios:

Enviar um comentário