01/09/2020

A PÓRCAVA VOADORA

 A PÓRCAVA VOADORA 

( Por Carmen Dubra Suárez  de 1º D )

    
   A pórcava voadora é unha especie de porco e vaca con ás nun mesmo animal.
    Ten un corpo fofiño e gordecho, de cor azulada  e cheo de manchas rosas, fociño grande e rosa, patas pequenas con pezuñas, unha cinzarra  nunha pata, un par de ás, cola pequena en espiral, unha lingua amarela botada para fóra e dentes separados e amarelentos. Emite sons coma este: 

" Mu-mu-mu-muuuu"

    Este animal é moi, moi adorable e gracioso, pero á súa vez é un paspallán, eu averigüeino por algo que pasou un día...

    Estaba eu tranquila na miña casa, cando de súpeto escoitei un ruído que viña da cheminea e coidadosamente fun mirar... atopei un  extraño animal mestura de porco e vaca que facía un raro son, tal que así: 

" Mu-mu-mu - muuuu". 

Pensei como se podería chamar ese animal e decateime de que era ... a pórcava!

        Foi cara á cociña, comeu todo canto había, tirou  todo o que viu  e rompeu o que estaba ao seu carón, era un desastre! Decidín asustala para que marchase e cando me viu, saíu voando  pola fiestra feliz e satisfeita, repetindo ese son unha e outra vez: 

" Mu-mu-mu - muuuu"


 


0 comentarios:

Enviar um comentário