01/09/2020

O ESCARADENTES

 O ESCARADENTES

( Por Manuel Corredoira Purriños de 1º D)


    O Escaradentes é un escaravello ao que lle saen ferramentas de dentista pola cuncha. Viste cunha bata e leva lentes porque non ve moi ben de cerca. Dise que todas as noites, entra polas fiestras ás casas de Galicia onde hai nenos pequenos, para facilitarlle o traballo ao Rato Pérez, facendo que se movan os dentes dos rapaces. Non é perigoso, pero se vén antes dos nove anos pode ser que aos nenos lles tarden moito en saír os dentes novos, por iso, para que non entre nas casas , hai que poñer unha maceta cun pouco de terra para que se esconda alí toda a noite.

    Un día o Escaradentes, cando ía abrirlle a boca a un neno para moverlle os dentes, o neno espirrou e o Escaradentes entrou na súa boca . Como non podía facer nada para saír, decidiu mover un pouco máis un dente. Cando xa eran as catro da mañá, canso de esperar, decidiu ascender polo seu corpo ata chegar ao cerebro. Unha vez alí, comezou a dar pequenos golpes no cerebro para que se lle abrise a boca. Despois de cinco golpes  o Escaradentes conseguiu saír.


0 comentarios:

Enviar um comentário