01/09/2020

A TIGRERUGA

 A TRIGRERUGA

( Por Nébeda Barreiro de 1ºB )



    Trátase dun animal que vive nos fondos mariños das costas de Galicia. É moi similar a unha tartaruga aínda que ten pelaxe de tigre. A súa cuncha é de cor laranxa e  as patas e a cabeza son raiadas. Ten uns dentes cos cales come as súas presas. Dise que ten unha voz moi grave coa que fai que todo humano caia ao chan cando a escoita.

     Segundo contou un neno  este animal orixinouse cando nas augas dunha praia unha tartaruga comeu un tigre. Desde aquela está sempre agardando a súa próxima vítima.

0 comentarios:

Enviar um comentário