01/09/2020

O GUELIRPE

 O GUELIRPE

( Por Fernando Moreiras de 1ºB )




        O guelirpe é unha  mestura de guepardo, galiña e serpe . Ten a aparencia dun guepardo cunhas  ás cheas de plumas, que lle saen preto das patas dianteiras, e rabo de serpe.

           Pon ovos cun particular costume : cada catro anos colle velocidade, voa e finalmente pon un ovo no aire. Este ovo cae ao chan, pero non rompe debido á súa dureza, e cando pasan catro meses eclosiona. O guelirpe nace adaptado ao terreo no que caia o ovo, pero sempre ten ás e cola de serpe. Posteriormente , cando xa ten un tempo de vida, vai ás casas das persoas para deixar as plumas por todas partes. A un señor chamado Rigoberto pasoulle que el estaba durmindo  na súa casa e no medio da noite espertou porque sentiu como se algo estivese enriba del. Non lle deu importancia e volveu durmir, ao acordar pola mañá, levantouse e viu que todo estaba cheo de plumas . Tardou dúas horas en acabar de recollelas , pero ao día seguinte volveu suceder o mesmo.

0 comentarios:

Enviar um comentário