01/09/2020

O GAPEIRO

 O GAPEIRO

( Por Adrián Roca de 1ºB )


    O gapeiro é un peixe moi grande con catro aletas na parte inferior do corpo que lle permiten desprazarse a grande velocidade e escarvar para facer a súa propia casiña. Cando pasa unha semana de sol e no mesmo mes hai unha semana de choiva, a este peixe sáenlle patas no lugar das aletas e acaba por transformarse en gato. Pode transformarse de novo en peixe se hai unha semana de choiva e outra de sol no mesmo mes, ao contrario que para converterse en gato.

           Unha vez uns nenos colleron un coa forma de gato e coidárono,ata que un día  viron como se facía peixe, Os rapaces, apesar de estaren abraiados, colleron un acuario e meteron o gapeiro dentro. O peixe , moi agradecido, puxo vinte ovos de esmeralda  que fixeron moi ricas as súas  familias.


0 comentarios:

Enviar um comentário