01/09/2020

O SERPÓN

  O SERPÓN

( Por Antón Naveira de 1ºC )


O serpón é unha colosal besta  con rostro de dragón e cola de serpe. A súa pel cambia de cor, semellando un camaleón, aínda que adoita un ton verde xeralmente. Ten uns cabeiros con veleno que inxecta ás súas presas, habitualmente corzos. Os seus ollos son amarelos e as súas pálpebras escuras e engurradas.Rumoréase que habita nun sistema de covas creado ancestralmente preto dos Ancares. Non pode voar, pero bota lume azul pola boca. É moi difícil de avistar, non se deixa ver facilmente.

Historias antigas contan que recompensaba cun rubí aqueles actos de valor que incluían un grande sacrificio.Fala a lingua das serpes, pero tamén entende o resto dos animais. As súas bágoas teñen poderes curativos.

0 comentarios:

Enviar um comentário