01/09/2020

O ORNITOTIGRIS

 

O ORNITOTIGRIS

                 ( Por Miryam Arnoso, de 1º ESO C) 




O ornitotigris é un animal que habita nos ríos . Pola noite sae e vai ás casas, visita os cuartos e métese nos soños dos nenos  e dos adultos. Se os soños son bos, marchan, pero no caso de que sexan malos , axudan ás persoas a saír deles para non durmir mal a causa do pesadelo.

        Conta a lenda que a súa orixe se remonta á Idade Media , cando un ornitorrinco chamado Apolo ía paseando polos xardíns do palacio; aparecéuselle un tigre e papouno. Sucedeu que o tigre se converteu nun ser con corpo de onitorrinco e pelaxe de tigre, aínda que laranxa con puntos negros. Arredor do fociño tiña o bigote de tigre e tamén tiña deste animal a cola, pero as patas eran de ornitorrinco-

Co tempo descubriu que tiña o poder de meterse nos soños da xente. Ao principio provocaba pesadelos, pero deuse conta do mal que o pasaban as persoas  e decidiu axudalas a ter soños fermosos. Hoxe  en día habita nos ríos de todo o mundo para que as persoas non teñan pesadelos.

0 comentarios:

Enviar um comentário