01/09/2020

O PURITANTE

 O PURITANTE

( Por Luisana Díaz de 1º ESO B)



        O puritante é un cabalo con orellas humanas que ten o pelo das cores do arco da vella . Vive   nos bosques e cando os cazadores pasan  por diante da súa cova  falando dos animais que van cazar, o puritante escóitaos coas súas orellas humanas. Entón enfádase tanto, que as cores desaparecen da súa pelaxe quedando totalmente gris; daquela o puritante vai detrás dos cazadores para roubarlles as armas e agacharllelas. Nunha ocasión, por exemplo, enterrounas, pero poden facer outras cousas para que non poida atopalas ninguén. Logo diso, vólvenlle as cores porque os animais do bosque están libres de agresións. Ao final do día volve á súa cova. 

0 comentarios:

Enviar um comentário