01/09/2020

O SALBURÓN

  O SALBURÓN

( Por Sofía Suárez Sánchez de 1ºC)




Esta especie é un animal que moi poucas persoas coñecen e que do que ningunha pode falar, é moi temible e perigoso.

O salburón é metade salamántiga metade tiburón, con escamas por todo o seu corpo e ás para voar, aletas para nadar e patas para andar, ademais dunha boca moi grande e uns cabeiros afiados.

Esta criatura vai polas noites ás casas e pega uns sustos que deixan á vítima muda e aterrorizada de por vida. Por esta mesma razón, os médicos, moitas veces non son quen de comprender por que unha persoa quedou sen fala da noite para a mañá. Como as persoas que viron a esta criatura non poden comunicarse, ninguén sabe como é este animal nin que é o causante destas desgrazas.

Seica unha vez unha muller atreveuse a contarlle á súa filla, a través dunha carta, a razón pola que non durmía polas noites e xa non podía falar, pero ao parecer, como describiu este ser como algo tan anormal e non crible, a familia decidiu metela nun centro para enfermos mentais, pensando que fora o diaño o causante desta traxedia.

O salburón habita en zonas subterráneas, ben protexido, para que non se decaten da súa existencia. As terras que máis lle gustan son as que teñen carballos por riba, formando unhas boas sombras; así que ollo, non vaia ser que un día saia de detrás túa cando esteas botando unha sonada!




0 comentarios:

Enviar um comentário