01/09/2020

O BOLBORATO

  O BOLBORATO

( Por Lía Maceiras de 1ºC)


Trátase dun animal con forma de gato , ás de bolboreta , pelaxe moi sedosa e un par de antenas. Este animal pasa as noites voando sobre as aldeas e cando ve algunha planta a piques de morrer, lámbea un pouco  e o seu cuspe fai que volva florear .

Dise que un día o bolborato estaba lambendo unha roseira, cando de súpeto lle quedou unha espiña  na lingua. Desde aquela todos os bolboratos teñen unha espiña na súa lingua.

0 comentarios:

Enviar um comentário