01/09/2020

O T-PLUS

 O T-PLUS

( Por Ángela Castro  de 1º ESO D) 


        O T-Plus é un cangrexo con cara de alien  e brazos de cangrexo. Este ser vén polas noites  de lúa chea ás casas na procura de nenos, pero non para facerlles mal ningún, ao revés, vén  para ver o que soñan. Se ve que están soñando cousas malas, bísballes no oído  e cóntalles un conto para que non se sintan mal e deixen durmir os pais.

           Vive en Betanzos , unha vila preciosa da provincia da Coruña , aínda que algúns din que o viron polos seus arredores, por  Paderne por exemplo.  Aínda que por alí xa se ten observado que o T- Plus sobe aos tractores dos veciños e pasa   o día agardando a  que chegue a noite, un neno demostrou que non é sempre así.

           Un día este neno decidiu apartar o seu caixón para ver que xoguetes tiña gardados e ao facelo descubriu un burato en forma de estrela. O neno, moi curioso, decidiu meter a man para  ver se podía sacar ou coller algo. Cando xa levaba un anaco de tempo coa man alí metida, tocou algo fóra do normal e a verdade, xa non se pode contar nada máis ... porque o neno decidiu gardalo en segredo.

Es resumo: se tes un pesadelo malvado, agarda, que o T-Plus vira a te salvar.

0 comentarios:

Enviar um comentário