01/09/2020

O TIGREFANTE

 O TIGREFANTE

( Por Lara Velo Sánchez de 1º ESO C) 

    O tigrefante ten este nome porque é un tigre, pero ao mesmo tempo posúe unha longa trompa e unhas enormes orellas como as dun elefante. Conta unha lenda que este personaxe tan raro, aparece nas casas das xentes nos días previos aos de moita calor.

    Á parte de aparecer neses días  pode deixarse ver calquera outro na casa dalgún rapaciño que se porte mal , entón mételle un couce como os dos cabalos ou dálle un lapote ben dado coa trompa, para que así aprenda un pouquiño.

    Pódese atopar en calquera lugar do mundo pero é máis común que apareza nas zonas centrais de Galicia , xa que é oriundo destas terras.

A única maneira de espantar o tigrefante é poñerlle unha grande cantidade de miñocas arredor dunha árbore. No caso de que xa estea dentro da casa , débese facer o mesmo  pero arredor dunha planta.

0 comentarios:

Enviar um comentário