O cabapato é unha mestura dun cabalo e dun pato. O seu corpo é o dun cabalo pero o diferente é a súa cabeza xa que adoita ser como a dun parrulo branco cun peteiro laranxa ben diferenciado.
Só
habita nas pradarías dos cumes das montañas, especificamente a súa vivenda é un
castelo cheo de riquezas que el mesmo constrúe e a mobla con diversos materiais
que consegue roubando. Os cabapatos son verdadeiros ladróns, xa que catro veces
ao ano, nas noites sen lúa, baixan ás vilas e aldeas para roubarlle á xente
todo o que precisan para construír o seu castela. No caso de seren descubertos
deben darlle todas as riquezas a quen os viu.
Cóntase que alá pola terra
dos Ancares sucedeu un episodio así, era
xa ben tarde e un mozo regresaba dunha festa , ía de camiño cara á súa casa
cando viu unha figuriña estraña cruzar a
estrada para meterse nunha casa e así
roubar . O mozo comezou a correr e cando chegou á casa viu o cabapato subindo
as escaleiras . O cabapato estivo condenado a darlle todo canto tiña e tamén a
facerlle de servo ao mozo o resto da súa
vida.
0 comentarios:
Enviar um comentário