Hoxe os grupos de 3º e 4º de ESO asisten ao Forum Metropolitano para ver a representación do "Decamerón",versionado polo director e actor galego Cándido Pazó e con base na obra do século XIV de Bocaccio.
Nos tempos críticos e difíciles, o alivio do humor é máis necesario ca nunca por iso os contos do Decamerón están impregnados de ironía, humor, erotismo, crítica social e sentido gozoso da vida. En todos estes elementos imprescindibles na comedia é especialista Cándido Pazó.
Ademais dun longo percorrido como dramaturgo, director e actor, Cándido Pazó é o fundador da compañía Abrapalabra que representa os espectáculos que escribe, dirixe e representa.Nos últimos quince anos, realizou preto de 2000 actuacións de narración oral, tanto en Galicia como en España, diversos países de Europa, África e América.

Estracto do vídeo gravado ao vivo na estrea, no Auditorio Municìpal da Illa de Arousa.
Encantoume, Belén. Cándido Pazó é un actorazo, como xa o demostrou nas dúas veces que estivo no instituto como contacontos.
ResponderEliminarQue interesantes son as saídas, da gusto!
Cristóbal Sobrino
ResponderEliminarHao principio non me gustaba, pero según avanzaba a historia foime gustando cada vez mais .
Estou de acordo, Cándido Pazó é un dos grandes do teatro galego.
ResponderEliminarPocahontas
ResponderEliminarAinda que a o obra 'Decameron' non me gustou demasiado o que sí valoramos eu e moitos dos meus compañeiros foi o gran traballo que realizou Cándido Pazó ao interpretar esta obra solo. Gran actor.
Grazas Pocahontas, está moi ben apreciar o mérito das cousas aínda que non nos gusten moito.É verdade que foi un gran traballo o de Cándido Pazó.
EliminarÁngel Rodríguez Gómez
ResponderEliminarNon estivo nada mal a obra, aínda que chegou un momento no que aburriu un pouco.
As dúas últimas para mín foron as mellores,xa que estaban adaptadas máis ao gusto dos adolescentes.Como xa comentachedes, o actor fixo un grandísimo traballo intentando todo para que a súa interpretación fora agradable para nós.Moi bo actor!