31/03/2013

LECTURAS PARA 3º DE ESO. 3º TRIMESTRE

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA TERCEIRO DE ESO. TERCEIRO TRIMESTRE

No mes de maio, a  escritora e membro da Real Acedemia Galega,Fina Casalderrey visitará o noso instituto para ofrecernos dúas charlas ( para 1º e 2º ciclo da ESO respectivamente) sobre as súas obras.
No terceiro trimestre o alumnado de 3º de ESO deberá  escoller unha entre as seguintes obras de Fina Casalderrey


TÍTULO: MUTACIÓNS XENÉTICAS

AUTORA: FINA CASALDERREY

EDITORIAL XERAIS. COLECCIÓN FÓRA DE XOGO.

Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ó que nin sequera coñece. Estes resultarán ser trinta días de abraiantes descubrimentos, ata o extremo de que Hadrián será o protagonista na solución dun terrible problema, que está a piques de rematar coa liberdade humana que un louco pretendía controlar.

TÍTULO: SOBREVIVES?

AUTORA: FINA CASALDERREY

EDITORIAL XERAIS. COLECCIÓN FÓRA DE XOGO.
Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudos de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente o profesorado e os seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer.Moni, o protagonista de Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente.

0 comentarios:

Enviar um comentário