Como actividade da Semana das Letras Galegas, o alumnado de 4º de ESO asistiu ao Laboratorio Teatral no Teatro Colón
, dirixido polo dramaturgo Santiago Cortegoso. O espectáculo , formado por unha
escolma de fragmentos da obra de Roberto Vidal Bolaño , leva por título “As marxes da
desgraza” e nel escenifícanse as
historias de individuos marxinais que teñen
en común as súas vidas desgrazadas . Son historias sórdidas e decadentes coas que se pretende
facernos reflexionar sobre a desigualdade e a inxustiza. A obra estivo ambientada cun grupo musical ( un piano, un
clarinete, un saxofón e percusión) que proporciou a atmosfera necesaria para as
historias interpretadas .
Eu tamén quería ir...
ResponderEliminar