Onte , o alumnado de 1º de ESO asistiu ao espectáculo da Tropa de Trapo que leva por título A hora azul.
Trátase dunha sesión de contacontos con música, seguida despois dun obradoiro no que se traballan as técnicas de contar e a literatura de carácter oral.
Esta actividade é complementaria á programación de Lingua galega do primeiro trimeste , e ten como obxectivo ( ademais de asistir a un espectáculo ben bonito) que o alumnado aprenda a importancia da comunicación oral, os elementos que interveñen na mesma , os códigos xestuais, as diferentes recepcións que pode ter unha mesma mensaxe dependendo do emisor e do receptor...
Todas estas aprendizaxes prácticas veñen reforzar o aprendido sobre a narración dentro das clases, ademais de servir como guía para a actividade que en breve deberá realizar o alumnado : a exposición dentro da súa aula dun conto na que terá poñer en práctica o aprendido.
Todas estas aprendizaxes prácticas veñen reforzar o aprendido sobre a narración dentro das clases, ademais de servir como guía para a actividade que en breve deberá realizar o alumnado : a exposición dentro da súa aula dun conto na que terá poñer en práctica o aprendido.
Os membros da TROPA DE TRAPO, Brais e Marta , souberon ademais transmitirnos con enorme sensibilidade historias doutras culturas e doutros pobos, que tan similares poden ser ás nosas en moitas ocasións . E todo iso nun clima tranquilo e agradable, que nos transmitiu moitísima paz . Estamos moi contentos de que estivesen connosco no instituto.
Aquí deixo uns vídeos nos que podemos ver algún fragmento dos contos que contaron :
E non podemos esquecer tampouco a lección que nos deu Brais sobre os instrumentos musicais que emprega no espectáculo . Aquí podedes velos para recordalos.
Eu estiven na sesión de contacontos e foi ben bonito!
ResponderEliminarO alumnado moi interesado e participativo. Noraboa, Belén, unha actividade moi completa!
Gustoume moito o contacontos.Os mozos eran graciosos e amables ¡Que pena que non puideramos acabar o último xogo! Parecía moi divertido
ResponderEliminarMiguel
Gustáronme moito as actividades que fixemos no obradoiro e tamén me gustaron moito os contos. Espero que algún día veñades para poder rematar o xogo do fío.
ResponderEliminarIván Castro Costa 1ºB
Paseino moi ben con Marta e máis con Brais, son moi simpáticos. Gustoume moito o conto de Ramón e tamén o de Leila. Os instrumentos parecéronme algo moi interesante. O obradoiro de contos co fío era moi divertido. Gustaríame que volveran algún día con máis tempo para poder rematar o xogo.
ResponderEliminarSaray.
Gustoume moito a actuación, a historia de Leila chegoume ao corazón, e, a de Ramón e Sabela fíxome rir. Os xogos tamén me gustaron, que pena que non rematamos o último xogo. En fin, grazas por vir.
ResponderEliminarPaula Falce Castro 1ºB
Gustoume moito o último xogo que fixemos,foi moi divertido,gustariame que volverades.O conto que máis me gustou foi o de Ramon e Sabela.
ResponderEliminaratt:Keaton Adair 1B
A mín gustoume moitísimo, menos cando tiven que falar diante de todos pero igualmente me gustou.O que mais me gustou foi o caixón porque teño un amigo que tamén o toca.
ResponderEliminarun bico
Elena de 1º de ESO
Moitas grazas por vIr ao meu instituto.Estou esperando que veñades outra vez, os contos foron moi chulos ademais os de despois do patio foron tamén moi chulos, que pena que non puxeramos rematar o conto do fío.
ResponderEliminarPABLO FERNÁNDEZ DARNÍS. 1ºB
Penso que o espectáculo foi moi divertido e gustoume moito.Sobre todo chamáronme moito a atención os instrumentos pero en especial a caixa.Tamén me gustou a hora do obradoiro(o xogo do fío e o das miradas). O conto que máis me gustou foi o de Sabela e Ramón por que creo que estivo moi ben interpretado e moi entretido.
ResponderEliminarEn xeral gustoume todo e gustaríame que volverades con mais tempo a compartir con nós un día como o do venres 8.por iso vos esperamos!!!!
Un saúdo e gracias.Jenni 1ºB
Antes de todo teño que dicir que eu o venres non estiven , pero vin os vídeos e gustáronme moito .Espero que veñades outro dia para poder vervos en persoa.
ResponderEliminarSaryari dennise guerra hernandez
Ola bos días:
ResponderEliminarA min gustoume moito o conto de Ramón, gustáronme as historias por que tiñan música . Un saúdo, O alumno Félix de 1ª A
Ola, mando esta menxase porque me gustaron moito os contos sobre todo o conto de Marta,a da muller chamada Leila e a canción de Salim.Un súdo Nico o pro de 1 A :)
ResponderEliminarola
ResponderEliminargustárome moito os contos
sergio 1º a
Gustoume moitisimo , as historias que contaron eran moi entretidas e estivo xenial que tocaran os instrumentos para intentar que nos sentiramos como si estiVesemos donde sucedian estes relatos.
ResponderEliminarCarmen 1ºA
Gustoume moito, os contos eran moi entretidos, interpretábanos dunha forma moi divertida e os instrumentos eran moi bonitos, paseino xenial!!!
ResponderEliminarYoli 1ºA
A min gustáronme moito os instrumentos da música de fondo, tamén me gustaron moito os exercicios que fixemos despois,eran moi entretidos. -Inés 1D (1º ESO A)
ResponderEliminarGustoume moito a actuación da Tropa de Trapo. Moitas felicitacións aos artistas Marta e Brais. Tamén me fixei en que unha guitarra tiña cara de señor.
ResponderEliminarClaudia 1D, de 1 ESO A
Ola, bos días:
ResponderEliminarA actividade foi moi divertida e interesante, as historias que contaba Marta eran moi divertidas por que Brais tocaba os instrumentos mentres Marta contaba a historia. O que mais me gustou foi a guitarra portuguesa e a caixa que Brais encontrara e reutilizara.
O conto que máis me gustou foi o conto da muller chamada Leila foi moi interesante e divertido, eles sabían como facer para que nós atenderamos e nos gustara.A min encantoume! Un abrazo. Nadia González Muiños 1ºA (A mellor clase)
A min gustoume moito este contacontos porque sabian moi ben como facer para conseguir que quedásemos calados e atentos, uns contos moi bonitos.
ResponderEliminarEstiven moi contento cando souben que viña a Tropa do Trapo. Eran un dúo moi divertido , souberon perfectamente como entreternos a todos ,espero volver ver a este grupo .
ResponderEliminarGrazas a BRAIS E MARTA, sodes os mellores.
Abel 1-A
ola bos días
ResponderEliminarGUSTÁRONME moito os contos , a forma en que os contabades, gustábanme moito os instrumentos que utilizaban . Saúdo de Ricardo 1eso A