Páxinas

31/03/2013

CHOVE NOS VERSOS. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


 

TÍTULO: Chove nos versos.
AUTOR: Antonio García Teijeiro
ILUSTRADOR:Lázaro Enríquez 
EDITORIAL:Edicións Xerais de Galicia,  2004
COLECCIÓN:
  
CANDO CHOVE
         E NON ME MOLLO
¿É QUE CHOVE
        OU QUE NON CHOVE?
CHOVEN CHOVEN
        CATRO PINGAS
CHOVEN CHOVEN
        OITO OU NOVE
UNHAS PINGAS
QUE RECOLLO
CHOVE CHOVE
        NON ME MOLLO
UNS QUE BAIXAN
        OUTROS SOBEN
        DESAZETE
                VINTE E NOVE
        POÑO VERBAS
        A REMOLLO
NON ME COLLES
NON TE COLLO
CHOVE CHOVE

        E NON ME MOLLO.



CHOIVA DE LÚA,
AUGA DE PRANTO, 
LAZOS QUE MOLLAN 
CADA RECANTO.

CHOIVA DE LÚA,
AUGA DE ESPELLO, 
PINGAS QUE ESVAEN 
OS PESADELOS.

CHOIVA DE LÚA,
AUGA DE ARROLO,
AIRE QUE CONTA 
CONTOS DE LOBOS.

CHOIVA DE LÚA, 
AUGA DE VERSOS LIÑAS
QUE VOAN 
POLO UNIVERSO. 

CHOIVA DE LÚA, 
LÚA DE RISAS,
RISAS DE VIDRO 
VIDRO DE BRISAS.

A LÚA CHOVE NO RÍO
E NAS SOMBRAS DAS FERIDAS
QUE ÁS PERSOAS INOCENTES
ESTÁ A DEIXARLLE A VIDA.

A LÚA CHOVE NO RÍO
E NUNCA, NUNCA SE AFOGA,
PORQUE CHOVE CON LEDICIA
E ACARIÑA, E MESMO, XOGA.

A LÚA CHOVE NO RÍO
E BICA NO CORAZÓN
E TODOS AQUELES SERES
QUE PERDEN A SÚA VOZ.

A LÚA CHOVE NO RÍO
E NO CORPO DOS MENIÑOS
QUE VAGAN DE RÚA EN RÚA
NA BUSCA DUN ALOUMIÑO.




0 comentarios:

Enviar um comentário