01/09/2020

A ELI

  A Eli

( André Ponte Pose de 1º D)





A Eli é unha cadeliña que parece unha suricata e que no pescozo ten unha liña de pelo negro que lle fai unha capa. A Eli entra na túa casa pola porta molestando a ladros ata que lle abres, ou pola xanela dun salto canguril. Se non lle dás de xantar mórdeche os nocellos.

Unha vez entrou nunha casa de Abegondo pola xanela, e púxose a comer tanto, que empezou a vomitar e comer seguido ata que acabou con toda a comida. Cando as persoas que vivían alí entraron pola porta, a Eli mordeulles os nocellos por non dárenlle  de comer.

0 comentarios:

Enviar um comentário