01/09/2020

O RAPOUCHO

 O RAPOUCHO

( Por Óscar Núñez Rey de 1ºC)


O Rapoucho é un ser metade raposo e metade moucho. Ten unha capa de plumas  que utiliza  para planar e que ocultan a súa parte  de raposo , agás a cabeza . Teñen arredor unhas nubes amarelas  que fan durmir a quen as respira.

Estes animais son os encargados de traer os soños ás persoas , sendo este o motivo  polo que están rodeados desas nubes amarelas ; pero provocan o mesmo efecto se os miras aos ollos , que son moi perigosos, porque te deixan durmindo para sempre.

Unha vez, un neno mirou para para os ollos dun rapoucho antes de durmir e disque o neno xamais espertou. 

Esta historia é unha boa advertencia :

NON MIREDES NUNCA OS  OLLOS DO RAPOUCHO  

0 comentarios:

Enviar um comentário