01/09/2020

A PILLABIÑA

A PILLABIÑA 

( Por Alfredo Faraldo Núñez de 1º D)


A Pillabiña é un animal que disque habitaba na vila de Betanzos, pero nestes últimos anos poboou tamén as vilas de Sada e de Curtis. No que se refire aos seus trazos, é moi parecida á galiña, sobre todo porque ten unha crista; polo demais ten unhas patas de can e orellas de elefante. Por último, a Pillabiña é de cor vermella e azul e ten uns ollos grandes de cor verde.

O especial deste animal é que lle encanta a empanada de bonito e de zamburiñas.Como en Betanzos hai dous fornos de leña, as empanadas eran moi boas , a Pillabiña vivía moi ben. Preguntarédesvos como fai para conseguir a súa comida favorita; pois  ben, como é un animal pillabán, o que facía  era roubar as empanadas, deixando as tendas baleiras. Debido a que deixou os comercios  sen o produto estrela, a Pillabiña, tivo que ir a outras vilas, e xa que Curtis e Sada están preto e a xente di que as tendas de empanadas son boas, o animal asentouse nas mencionadas vilas.

Como anécdota, un día atopábame comendo unha empanada pola rúa, e a condenada Pillabina roubouma e papouna. Que pillabana!


0 comentarios:

Enviar um comentário