01/09/2020

INVENTÁMOLOS NÓS

INVENTÁMOLOS NÓS

(CRIATURAS ARGALLADAS POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO)

O CHICHAREIRO

       O Chichareiro  usábase alá cando comezaron a existir as primeiras poboacións. Utilizábase como defensa nas batallas cando aínda non existían armas. O que facía o Chichareiro era lanzar chícharos enzoufando os adversarios.

    Conta a lenda que este ser tan peculiar orixinouse cando un pequeno troglodita non quixo tomar os chícharos da cea e, sen que a súa nai se decatase,tirou con eles por unha  especie de retrete que tiñan daquela. Co paso do tempo a un deses pequenos chícharos saiulle un talo e uns ollos pequechos.




    Cando o chicharreiro  se esconde, métese un pouco na terra simulando ser unha pedra.

( Sofía N.L. de 1º ESO) 

0 comentarios:

Enviar um comentário