01/09/2020

O PATICANFANTE

 

O PATICANFANTE

( Por Carla Amado de 1ºC )



    O paticanfante é un animal con características de paxaro, de can, de golfiño e de elefante. Vive en ambientes cálidos onde se manteña ben a temperatura. Busca as súas presas pola noite.Atrápaas paralizándoas co rabo e hipnotízaas cun fío con dúas follas que sempre leva colgado do seu peteiro. Acostuma cazar dous ou tres nenos cada noite, os que non caza fainos durmir ata que pasen dúas ou tres noites polo menos.
    Unha vez un rapaz non obedecera os seus pais e, cando todo o mundo estaba durmindo, o paticanfante foino visitar, contoulle un conto e logo atrapouno. Ao día seguinte, os seus pais atoparon unha nota que dicía: “ non me busquedes máis , estou ben” , e nunca máis o volveron ver.

Serás ti o seguinte?

    


0 comentarios:

Enviar um comentário