01/09/2020

O XIRAFLANTE

O XIRAFLANTE
( Por Daniela Barallobre de 1º ESO D) 



     O Xiraflante é un animal un pouco raro, xa que ten cabeza de elefante, pescozo de xirafa e corpo de flamenco. É moi difícil de ver , porque cando ve un humano sáenlle dúas ás e marcha voando porque lle dan medo as persoas.
    Gústalle subir aos tellados das casas, métese pola cheminea como Papa Noel e come todo o que atopa pola casa. Normalmente vive nos ríos e nos lagos, pero ás veces escóndese nas cidades e nas árbores dos xardíns.
    Un día o Xiraflante meteuse por unha cheminea, pero era o día de Nadal e encontrouse con Papa Noel. Este decidiu envolvelo para darlle un agasallo ao neno desa casa. Pola mañá, cando o neno abriu o paquete, os pais dixéronlle que tiña que soltalo no xardín  para que se fora, pero o neno non lles fixo caso e gardouno no seu cuarto . Ao día seguinte o Xirafante non estaba, porque pola noite saiu voando pola fiestra .


0 comentarios:

Enviar um comentário