01/09/2020

O GOLFICÁN

 O GOLFICÁN

( Por Lucía Fernández Bello de 1º ESO C) 

O golficán é un ser cunha aparencia moi rara. A súa parte superior  é coma a dun can , con orellas pelo e fociño mentres que  a súa parte inferior é coma un golfiño , cunha grande aleta.

           Vive nos mares , normalmente está nas praias porque lle gusta moito estar coa  xente , axudando a todos a nadar e xogando con nenos e adultos. Moitas veces  fai de colchón de auga para os nenos pequenos.

           Din  que se formou porque unha nena levou un can á praia e cando este correu cara á auga , un golfiño atrapouno e mergullouno. A xente que estaba alí quedou abraiada, ningúen sabía onde estaba o can. Minutos máis tarde saiu da auga, pero tiña algo raro... tiña unha cola de golfiño. Por iso lle chamaron golficán.

           Unha das anécdotas máis graciosas que protagonizou o golficán  foi cando unha nena o confundiu cun colchón de golfiño e o levou para a casa. Ao chegar , a nena apertouno para desinchalo , pero non era capaz de conseguilo. Déronse  conta de que era o golficán  e chamaron á policía que o devolveu ao mar.

0 comentarios:

Enviar um comentário