12/03/2023
TRABALLOS DE FRASEOLOXÍA ( 1º ESO)
O alumnado de 1º de ESO estivo a realizar un traballo colectivo de fraseoloxía do galego. Cada alumna/o explicou unha frase feita do noso idioma e buscou unha fotografía adecuada para ilustrar o seu significado figurado.
25/04/2021
FAUNA MÁXICA INVENTADA POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO
Despois botouse a crear ata compoñer colectivamente este pequeno bestiario.
Para ver as criaturas inventadas, preme nos nomes do seguinte índice:
09/10/2020
01/09/2020
O XIRITIGRE
O XIRITIGRE
O xiritigre é un animal carnívoro. Na
cabeza ten uns cornos que lle serven para atacar as súas presas. A súa lingua é
moi longa e ten uns dentes moi afiados. Dende a cabeza ata a metade do corpo
ten unha pelaxe de cor amarela con manchas;
na outra metade, que remata nun longo rabo, a súa pel é laranxa con raias de cor máis
escura.
O
xiritigre ten un carácter bipolar, xa que segundo a hora do día que sexa é máis apracible ou máis agresivo.
Por exemplo: polo día é moi tranquilo e gústalle achegarse á xente, pero na
noite vólvese máis perigoso e prefire estar só para cazar as súas presas.
O PATICERVO
O PATICERVO
O paticervo é un animal bastante raro.
De pato ten os pés, o corpo e o peteiro, e do cervo posúe ás patas, a cabeza e
a súa fermosísima cornamenta.
É moi difícil velo porque vive
no medio dos montes, e sempre preto dun río. Os cazadores andan coma tolos a
buscalo, para que a súa rara cabeza luza nas paredes dos salóns de ricos
coleccionistas; pero o paticervo non é doado de atopar debido á súa facilidade
para moverse tanto pola auga como pola terra.
A MANTIGOXA
A MANTIGOXA
A Mantigoxa é unha especie de
león cunhas ás xigantes similares ás dun
dragón, ten unha cola cun pincho parecido a unha agulla, coa cal fai que as súas
presas se durman ao momento.
Cando
os rapaces e rapazas se perden no bosque, a Mantigoxa dórmeos durante moito
tempo e ao espertaren non lembran nada do sucedido. Por causa da picadura, tampouco lembran como
andar nin se poden mover.
O RAPOSOBOT
O RAPOSOBOT
O Raposobot e un ser fantástico
ao que pouca xente tivo ocasión de ver. É un dos animais máis astutos e ten
moito medo da xente que conduce calquera vehículo . Conta cunha pelaxe roxa,
onde agocha numerosos tesouros, fáltalle un ollo e ten unha parte da cara metálica.
Habita pola zona do rio Eume.
Chámase así porque cando era moi
pequeno, atropelouno un coche. Un neno pequeno salvouno e convenceu aos seus
pais para que coidaran e reparasen o animal. Puxéronlle a parte da cara e o ollo
que lle faltaba dun material especial que ten a capacidade de atraer obxectos
metálicos.
É o culpable de que os obxectos
metálicos, coma as chaves, desaparezan sen motivo ningún. Pero cando ten as
chaves dalgunha casa “quédase” con algún obxecto que lle recorde as persoas que o
salvaron. Como compensación por "roubar", saca da súa pelaxe onzas de ouro.
O SALBURÓN
Esta
especie é un animal que moi poucas persoas coñecen e que do que ningunha pode
falar, é moi temible e perigoso.
O
salburón é metade salamántiga metade tiburón, con escamas por todo o seu corpo
e ás para voar, aletas para nadar e patas para andar, ademais dunha boca moi
grande e uns cabeiros afiados.
Esta
criatura vai polas noites ás casas e pega uns sustos que deixan á vítima muda e
aterrorizada de por vida. Por esta mesma razón, os médicos, moitas veces non
son quen de comprender por que unha persoa quedou sen fala da noite para a
mañá. Como as persoas que viron a esta criatura non poden comunicarse, ninguén
sabe como é este animal nin que é o causante destas desgrazas.
Seica
unha vez unha muller atreveuse a contarlle á súa filla, a través dunha carta, a
razón pola que non durmía polas noites e xa non podía falar, pero ao parecer,
como describiu este ser como algo tan anormal e non crible, a familia decidiu
metela nun centro para enfermos mentais, pensando que fora o diaño o causante
desta traxedia.
O
salburón habita en zonas subterráneas, ben protexido, para que non se decaten
da súa existencia. As terras que máis lle gustan son as que teñen carballos por
riba, formando unhas boas sombras; así que ollo, non vaia ser que un día saia
de detrás túa cando esteas botando unha sonada!
O BOLBORATO
O BOLBORATO
Trátase
dun animal con forma de gato , ás de bolboreta , pelaxe moi sedosa e un par de
antenas. Este animal pasa as noites voando sobre as aldeas e cando ve algunha
planta a piques de morrer, lámbea un pouco
e o seu cuspe fai que volva florear .
Dise
que un día o bolborato estaba lambendo unha roseira, cando de súpeto lle quedou
unha espiña na lingua. Desde aquela
todos os bolboratos teñen unha espiña na súa lingua.
O RAPOUCHO
O RAPOUCHO
O
Rapoucho é un ser metade raposo e metade moucho. Ten unha capa de plumas que utiliza
para planar e que ocultan a súa parte
de raposo , agás a cabeza . Teñen arredor unhas nubes amarelas que fan durmir a quen as respira.
Estes
animais son os encargados de traer os soños ás persoas , sendo este o
motivo polo que están rodeados desas
nubes amarelas ; pero provocan o mesmo efecto se os miras aos ollos , que son
moi perigosos, porque te deixan durmindo para sempre.
Unha
vez, un neno mirou para para os ollos dun rapoucho antes de durmir e disque o neno
xamais espertou.
Esta
historia é unha boa advertencia :
NON
MIREDES NUNCA OS OLLOS DO RAPOUCHO
A ELI
A Eli
A
Eli é unha cadeliña que parece unha suricata e que no pescozo ten unha liña de
pelo negro que lle fai unha capa. A Eli entra na túa casa pola porta molestando a ladros
ata que lle abres, ou pola xanela dun salto canguril. Se non lle dás de xantar
mórdeche os nocellos.
Unha
vez entrou nunha casa de Abegondo pola xanela, e púxose a comer tanto, que
empezou a vomitar e comer seguido ata que acabou con toda a comida. Cando as persoas
que vivían alí entraron pola porta, a Eli mordeulles os nocellos por non dárenlle de comer.
A RA QUE HIPNOTIZA
A RA QUE HIPNOTIZA
Este
animal leva na Terra uns 8000 anos. É unha especie de ra que pesa arredor de
cinco quilogramos. Ten o corpo de dúas cores, azul e celeste, pero a súa
barriga é branca. Sae a cazar polas noites e ten o poder de hipnotizar outros
seres vivos.
Conta
unha historia que preto dun lago había
unha pequena vila na que vivían unhas
trescentas persoas. Cada día aparecían cadáveres no lago e non sabían que
estaba pasando. Entón chamaron a un investigador para que o averiguase pero
non foi capaz, e a ra hipnotizadora seguiu matando.
A MURMIGA
A MURMIGA
( Por Lucas Carro Pedreira de 1º D)
Un día unha murmiga
estaba con febre e sacaba moitísimo papel cando non quería. Entón, a murmiga
entrou na casa dunha xente moi rica e sen decatarse soltou moito papel. Como a
familia se deu conta atrapouna.
Deixárona que sacase todo o papel que tiña ata que rematase a súa vida.
O COCHO-CACHO
( Por Blanca Gutiérrez de 1º D )
O cocho-cacho vai ás
casas dos nenos sucios , que non teñen o seu cuarto limpo e pínchaos nun dedo.
Pola mañá, cando os nenos se erguen, teñen moitas ganas de recoller.
A PÓRCAVA VOADORA
A PÓRCAVA VOADORA
( Por Carmen Dubra Suárez de 1º D )
O ESCARADENTES
O ESCARADENTES
( Por Manuel Corredoira Purriños de 1º D)
Un día o Escaradentes, cando ía abrirlle a boca a un neno para moverlle os dentes, o neno espirrou e o Escaradentes entrou na súa boca . Como non podía facer nada para saír, decidiu mover un pouco máis un dente. Cando xa eran as catro da mañá, canso de esperar, decidiu ascender polo seu corpo ata chegar ao cerebro. Unha vez alí, comezou a dar pequenos golpes no cerebro para que se lle abrise a boca. Despois de cinco golpes o Escaradentes conseguiu saír.
O XIRAFLANTE
O PATICANFANTE
O
PATICANFANTE
(
Por Carla Amado de 1ºC )
Serás ti o seguinte?
O LOBOTO
O LOBOTO
( Por David Baladrón de 1º D)
A LORSA
( por Óscar Novo Moral de 1º D)

















