1) ANALIZAR UNHA ENTREVISTA REAL
O curso pasado tivemos no noso centro ao deportista Martín Varela , campeón de tenis en cadeira de rodas. Neste vídeo podedes ver unha entrevista que lle fixeron na TVG. Despois de velo contesta ás cuestións que seguen e analiza as súas características.
2) ELABORAR UNHA ENTREVISTA POR PARELLAS.
- Entre dous ides escribir unha entrevista ( con preguntas e respostas) a un personaxe que pode ser real ou inventado. A entrevista constará só de dez preguntas.
- Ides tratar o personaxe con respecto ( usando o tratamento “de vostede”)
- Preparade unha breve presentación do personaxe e decidide un motivo ( real ou inventado) polo que lle ides facer a entrevista.
- Se decidides escoller un personaxe real podedes buscar información en Internet (supoñede que entrevistades a un deportista e queredes preguntarlle cantos anos leva traballando, podedes averígualo en Internet, pero nunca copiando unha entrevista xa existente).
- Non podedes facer preguntas pechadas , que se respondan de xeito breve; facede preguntas coas que o entrevistado se poida explicar.
- Preparade unha despedida e dádelle as grazas ao personaxe para rematar a entrevista.
3)
ENTREVISTANDO
OBXECTOS.
- Supón que un obxecto da túa vida cotiá puidese cobrar vida e puideses falar con el ( o teu peite, o teu libro de mates, o balón de fútbol co que xogades, os teus zapatos …). Faille unha entrevista inventado as respostas)
4)
O CUESTIONARIO DE PROUST
- Este cuestionario é unha variante da entrevista psicolóxica , que popularizou o escritor Marcel Proust, xa que ao parecer ,cando llo fixeron , contestou dun xeito moi inxenioso e orixinal. Trátase dun conxunto de preguntas fixas, previamente establecidas, que esixen unha resposta breve. Ás veces o cuestionario Proust é utilizado como complemento dunha entrevista longa.
Le AQUÍ en que consiste este
cuestionario e faillo ao teu compañeiro/a.
Que boa idea, Belén, usar esta entrevista a Martín!
ResponderEliminarQue recordo tan bonito temos da súa visita, verdade?
Un bico para el!
Dakota López
ResponderEliminarEntrevista ao diario da familia López Velo
Bos días señores e señoras, hoxe temos aquí ao diario d familia López Velo ao que lle vamos facer hoxe una entrevista:
Bs días señor diario,temos unas preguntas que facerlle,comecemos:
P:Cantos anos tes?
R:Teño cento corenta e sete anos,só que a familia deixoume un pouco olvidado.
P:Como te sentes?
R:Pois igual que sempre,só que antes divirtíame máis.
P:Cal foi o día máis divertido da túa vida?
R:Cando me compraron,aínda que sentía coma un "cosquilleo" no estómago,serían os nervios.
P:Cando deixaron de escribir en ti?
R:Despois do nadal, o último que escribiron foi o que lles regalaron.
P:E,como vas facer para que escriban en ti?
R:Pois esperar a que lles pase algo importante para que o veñan anotar,aínda que oín que lles tocou a lotería.
P:Cal foi o mellor segredo que anotaron?
R.Pois,ningún en especial, ó anoaron o que facían cada día ,xa non recordo moi ben todo.
P:Este diario de quen era?
R:De tdos ,son coma un recordo que pasaba de xeración en xeración.
P:Alégraste de vivir con esta familia?
R:Si,a verdade e que moito.
P:Cal sería o teu soño?
R:Irme de viaxe a París.
P:E a última pregunta,cantas páxinas che quedan en branco?
R:Anda! agora que miro, ningunha,entón non é que me olvidase e que me rematei.
Pois moitísimas grazas por atendernos, foi un placer.