24/02/2021
09/10/2020
14/09/2020
01/09/2020
O XIRITIGRE
O XIRITIGRE
O xiritigre é un animal carnívoro. Na
cabeza ten uns cornos que lle serven para atacar as súas presas. A súa lingua é
moi longa e ten uns dentes moi afiados. Dende a cabeza ata a metade do corpo
ten unha pelaxe de cor amarela con manchas;
na outra metade, que remata nun longo rabo, a súa pel é laranxa con raias de cor máis
escura.
O
xiritigre ten un carácter bipolar, xa que segundo a hora do día que sexa é máis apracible ou máis agresivo.
Por exemplo: polo día é moi tranquilo e gústalle achegarse á xente, pero na
noite vólvese máis perigoso e prefire estar só para cazar as súas presas.
O PATICERVO
O PATICERVO
O paticervo é un animal bastante raro.
De pato ten os pés, o corpo e o peteiro, e do cervo posúe ás patas, a cabeza e
a súa fermosísima cornamenta.
É moi difícil velo porque vive
no medio dos montes, e sempre preto dun río. Os cazadores andan coma tolos a
buscalo, para que a súa rara cabeza luza nas paredes dos salóns de ricos
coleccionistas; pero o paticervo non é doado de atopar debido á súa facilidade
para moverse tanto pola auga como pola terra.
A MANTIGOXA
A MANTIGOXA
A Mantigoxa é unha especie de
león cunhas ás xigantes similares ás dun
dragón, ten unha cola cun pincho parecido a unha agulla, coa cal fai que as súas
presas se durman ao momento.
Cando
os rapaces e rapazas se perden no bosque, a Mantigoxa dórmeos durante moito
tempo e ao espertaren non lembran nada do sucedido. Por causa da picadura, tampouco lembran como
andar nin se poden mover.
O RAPOSOBOT
O RAPOSOBOT
O Raposobot e un ser fantástico
ao que pouca xente tivo ocasión de ver. É un dos animais máis astutos e ten
moito medo da xente que conduce calquera vehículo . Conta cunha pelaxe roxa,
onde agocha numerosos tesouros, fáltalle un ollo e ten unha parte da cara metálica.
Habita pola zona do rio Eume.
Chámase así porque cando era moi
pequeno, atropelouno un coche. Un neno pequeno salvouno e convenceu aos seus
pais para que coidaran e reparasen o animal. Puxéronlle a parte da cara e o ollo
que lle faltaba dun material especial que ten a capacidade de atraer obxectos
metálicos.
É o culpable de que os obxectos
metálicos, coma as chaves, desaparezan sen motivo ningún. Pero cando ten as
chaves dalgunha casa “quédase” con algún obxecto que lle recorde as persoas que o
salvaron. Como compensación por "roubar", saca da súa pelaxe onzas de ouro.
O SALBURÓN
Esta
especie é un animal que moi poucas persoas coñecen e que do que ningunha pode
falar, é moi temible e perigoso.
O
salburón é metade salamántiga metade tiburón, con escamas por todo o seu corpo
e ás para voar, aletas para nadar e patas para andar, ademais dunha boca moi
grande e uns cabeiros afiados.
Esta
criatura vai polas noites ás casas e pega uns sustos que deixan á vítima muda e
aterrorizada de por vida. Por esta mesma razón, os médicos, moitas veces non
son quen de comprender por que unha persoa quedou sen fala da noite para a
mañá. Como as persoas que viron a esta criatura non poden comunicarse, ninguén
sabe como é este animal nin que é o causante destas desgrazas.
Seica
unha vez unha muller atreveuse a contarlle á súa filla, a través dunha carta, a
razón pola que non durmía polas noites e xa non podía falar, pero ao parecer,
como describiu este ser como algo tan anormal e non crible, a familia decidiu
metela nun centro para enfermos mentais, pensando que fora o diaño o causante
desta traxedia.
O
salburón habita en zonas subterráneas, ben protexido, para que non se decaten
da súa existencia. As terras que máis lle gustan son as que teñen carballos por
riba, formando unhas boas sombras; así que ollo, non vaia ser que un día saia
de detrás túa cando esteas botando unha sonada!
O BOLBORATO
O BOLBORATO
Trátase
dun animal con forma de gato , ás de bolboreta , pelaxe moi sedosa e un par de
antenas. Este animal pasa as noites voando sobre as aldeas e cando ve algunha
planta a piques de morrer, lámbea un pouco
e o seu cuspe fai que volva florear .
Dise
que un día o bolborato estaba lambendo unha roseira, cando de súpeto lle quedou
unha espiña na lingua. Desde aquela
todos os bolboratos teñen unha espiña na súa lingua.
O RAPOUCHO
O RAPOUCHO
O
Rapoucho é un ser metade raposo e metade moucho. Ten unha capa de plumas que utiliza
para planar e que ocultan a súa parte
de raposo , agás a cabeza . Teñen arredor unhas nubes amarelas que fan durmir a quen as respira.
Estes
animais son os encargados de traer os soños ás persoas , sendo este o
motivo polo que están rodeados desas
nubes amarelas ; pero provocan o mesmo efecto se os miras aos ollos , que son
moi perigosos, porque te deixan durmindo para sempre.
Unha
vez, un neno mirou para para os ollos dun rapoucho antes de durmir e disque o neno
xamais espertou.
Esta
historia é unha boa advertencia :
NON
MIREDES NUNCA OS OLLOS DO RAPOUCHO
A ELI
A Eli
A
Eli é unha cadeliña que parece unha suricata e que no pescozo ten unha liña de
pelo negro que lle fai unha capa. A Eli entra na túa casa pola porta molestando a ladros
ata que lle abres, ou pola xanela dun salto canguril. Se non lle dás de xantar
mórdeche os nocellos.
Unha
vez entrou nunha casa de Abegondo pola xanela, e púxose a comer tanto, que
empezou a vomitar e comer seguido ata que acabou con toda a comida. Cando as persoas
que vivían alí entraron pola porta, a Eli mordeulles os nocellos por non dárenlle de comer.
A RA QUE HIPNOTIZA
A RA QUE HIPNOTIZA
Este
animal leva na Terra uns 8000 anos. É unha especie de ra que pesa arredor de
cinco quilogramos. Ten o corpo de dúas cores, azul e celeste, pero a súa
barriga é branca. Sae a cazar polas noites e ten o poder de hipnotizar outros
seres vivos.
Conta
unha historia que preto dun lago había
unha pequena vila na que vivían unhas
trescentas persoas. Cada día aparecían cadáveres no lago e non sabían que
estaba pasando. Entón chamaron a un investigador para que o averiguase pero
non foi capaz, e a ra hipnotizadora seguiu matando.
A MURMIGA
A MURMIGA
( Por Lucas Carro Pedreira de 1º D)
Un día unha murmiga
estaba con febre e sacaba moitísimo papel cando non quería. Entón, a murmiga
entrou na casa dunha xente moi rica e sen decatarse soltou moito papel. Como a
familia se deu conta atrapouna.
Deixárona que sacase todo o papel que tiña ata que rematase a súa vida.
O COCHO-CACHO
( Por Blanca Gutiérrez de 1º D )
O cocho-cacho vai ás
casas dos nenos sucios , que non teñen o seu cuarto limpo e pínchaos nun dedo.
Pola mañá, cando os nenos se erguen, teñen moitas ganas de recoller.
A PÓRCAVA VOADORA
A PÓRCAVA VOADORA
( Por Carmen Dubra Suárez de 1º D )
O ESCARADENTES
O ESCARADENTES
( Por Manuel Corredoira Purriños de 1º D)
Un día o Escaradentes, cando ía abrirlle a boca a un neno para moverlle os dentes, o neno espirrou e o Escaradentes entrou na súa boca . Como non podía facer nada para saír, decidiu mover un pouco máis un dente. Cando xa eran as catro da mañá, canso de esperar, decidiu ascender polo seu corpo ata chegar ao cerebro. Unha vez alí, comezou a dar pequenos golpes no cerebro para que se lle abrise a boca. Despois de cinco golpes o Escaradentes conseguiu saír.
O XIRAFLANTE
O PATICANFANTE
O
PATICANFANTE
(
Por Carla Amado de 1ºC )
Serás ti o seguinte?
O LOBOTO
O LOBOTO
( Por David Baladrón de 1º D)
A LORSA
( por Óscar Novo Moral de 1º D)
O TEPERÉS
O TEPERÉS
( Por Alejandro Núñez de 1º D)
O Teperés é un animal fantástico , é unha mestura de cempés e serpe. É alongado, de cor vermella e amarela. Ao Teperés gústalle ir ás tendas de instrumentos xa que co seu seseo fai ritmos e cando na tenda non hai ninguén, ponse a facer unha melodía.
Onte pola tarde fun mercar unha guitarra, e mentres esperaba, vin o Teperés que estaba moi ledo facendo ritmos. Encantoume a súa maneira de reptar e como usaba as súas patiñas traseiras!
O ORNITOTIGRIS
O ORNITOTIGRIS
( Por Miryam
Arnoso, de 1º ESO C)
O
ornitotigris é un animal que habita nos ríos . Pola noite sae e vai ás casas,
visita os cuartos e métese nos soños dos nenos
e dos adultos. Se os soños son bos, marchan, pero no caso de que sexan
malos , axudan ás persoas a saír deles para non durmir mal a causa do pesadelo.
Conta a lenda que a súa orixe se
remonta á Idade Media , cando un ornitorrinco chamado Apolo ía paseando polos
xardíns do palacio; aparecéuselle un tigre e papouno. Sucedeu que o tigre se
converteu nun ser con corpo de onitorrinco e pelaxe de tigre, aínda que laranxa
con puntos negros. Arredor do fociño tiña o bigote de tigre e tamén tiña deste
animal a cola, pero as patas eran de ornitorrinco-
Co
tempo descubriu que tiña o poder de meterse nos soños da xente. Ao principio
provocaba pesadelos, pero deuse conta do mal que o pasaban as persoas e decidiu axudalas a ter soños fermosos.
Hoxe en día habita nos ríos de todo o
mundo para que as persoas non teñan pesadelos.
O PURITANTE
INVENTÁMOLOS NÓS
INVENTÁMOLOS NÓS
(CRIATURAS ARGALLADAS POLO ALUMNADO DE 1º DE ESO)
O CHICHAREIRO
O Chichareiro usábase alá cando comezaron a existir as primeiras poboacións. Utilizábase como defensa nas batallas cando aínda non existían armas. O que facía o Chichareiro era lanzar chícharos enzoufando os adversarios.
Conta a lenda que este ser tan peculiar orixinouse cando un pequeno troglodita non quixo tomar os chícharos da cea e, sen que a súa nai se decatase,tirou con eles por unha especie de retrete que tiñan daquela. Co paso do tempo a un deses pequenos chícharos saiulle un talo e uns ollos pequechos.
A PILLABIÑA
A PILLABIÑA
( Por Alfredo Faraldo Núñez de 1º D)
A Pillabiña é un animal que disque habitaba na vila de Betanzos, pero nestes últimos anos poboou tamén as vilas de Sada e de Curtis. No que se refire aos seus trazos, é moi parecida á galiña, sobre todo porque ten unha crista; polo demais ten unhas patas de can e orellas de elefante. Por último, a Pillabiña é de cor vermella e azul e ten uns ollos grandes de cor verde.
O especial deste animal é que lle encanta a empanada
de bonito e de zamburiñas.Como en Betanzos hai dous fornos de leña, as
empanadas eran moi boas , a Pillabiña vivía moi ben. Preguntarédesvos como fai para conseguir a súa comida favorita;
pois ben, como é un animal pillabán, o
que facía era roubar as empanadas, deixando
as tendas baleiras. Debido a que deixou os comercios sen o produto estrela, a Pillabiña, tivo que
ir a outras vilas, e xa que Curtis e Sada están preto e a xente di que as
tendas de empanadas son boas, o animal asentouse nas mencionadas vilas.
Como anécdota, un día atopábame comendo unha empanada pola rúa, e a
condenada Pillabina roubouma e papouna. Que pillabana!
O CABAPATO
O cabapato é unha mestura dun cabalo e dun pato. O seu corpo é o dun cabalo pero o diferente é a súa cabeza xa que adoita ser como a dun parrulo branco cun peteiro laranxa ben diferenciado.
Só
habita nas pradarías dos cumes das montañas, especificamente a súa vivenda é un
castelo cheo de riquezas que el mesmo constrúe e a mobla con diversos materiais
que consegue roubando. Os cabapatos son verdadeiros ladróns, xa que catro veces
ao ano, nas noites sen lúa, baixan ás vilas e aldeas para roubarlle á xente
todo o que precisan para construír o seu castela. No caso de seren descubertos
deben darlle todas as riquezas a quen os viu.
O TIGREFANTE
O
tigrefante ten este nome porque é un tigre, pero ao mesmo tempo posúe unha
longa trompa e unhas enormes orellas como as dun elefante. Conta unha lenda que
este personaxe tan raro, aparece nas casas das xentes nos días previos aos de
moita calor.
Á parte de aparecer neses días pode deixarse ver calquera outro na casa
dalgún rapaciño que se porte mal , entón mételle un couce como os dos cabalos
ou dálle un lapote ben dado coa trompa, para que así aprenda un pouquiño.
Pódese atopar en calquera lugar do mundo
pero é máis común que apareza nas zonas centrais de Galicia , xa que é oriundo
destas terras.
A
única maneira de espantar o tigrefante é poñerlle unha grande cantidade de
miñocas arredor dunha árbore. No caso de que xa estea dentro da casa , débese
facer o mesmo pero arredor dunha planta.
O PORCORUGA
O
porcoruga é unha mestura de porco con tartaruga. É un porco moi gordiño,
cariñoso e amigable. Ten un nariz xigante e unha coiraza verde e é moi peludo polas patas . A súa pelaxe é
verde mentre pero ten os pezuños rosados.
Ao porcoruga gústalle escoitar as
conversas alleas. Un día que estaba alertando á conversa entre unha nai e unha
filla, chocou contra unha porta e fixo moito ruído. Entón escoitárono e botárono
fóra de alí.
A TIGRERUGA
Trátase
dun animal que vive nos fondos mariños das costas de Galicia. É moi similar a
unha tartaruga aínda que ten pelaxe de tigre. A súa cuncha é de cor laranxa
e as patas e a cabeza son raiadas. Ten
uns dentes cos cales come as súas presas. Dise que ten unha voz moi grave coa
que fai que todo humano caia ao chan cando a escoita.
Segundo contou un neno este animal orixinouse cando nas augas dunha
praia unha tartaruga comeu un tigre. Desde aquela está sempre agardando a súa
próxima vítima.
O GUELIRPE
O GUELIRPE
O
guelirpe é unha mestura de guepardo,
galiña e serpe . Ten a aparencia dun guepardo cunhas ás cheas de plumas, que lle saen preto das
patas dianteiras, e rabo de serpe.
Pon ovos cun particular costume :
cada catro anos colle velocidade, voa e finalmente pon un ovo no aire. Este
ovo cae ao chan, pero non rompe debido á súa dureza, e cando pasan catro meses
eclosiona. O guelirpe nace adaptado ao terreo no que caia o ovo, pero sempre
ten ás e cola de serpe. Posteriormente , cando xa ten un tempo de vida, vai ás
casas das persoas para deixar as plumas por todas partes. A un señor chamado
Rigoberto pasoulle que el estaba durmindo
na súa casa e no medio da noite espertou porque sentiu como se algo
estivese enriba del. Non lle deu importancia e volveu durmir, ao acordar pola
mañá, levantouse e viu que todo estaba cheo de plumas . Tardou dúas horas en
acabar de recollelas , pero ao día seguinte volveu suceder o mesmo.
O T-PLUS
O
T-Plus é un cangrexo con cara de alien e
brazos de cangrexo. Este ser vén polas noites
de lúa chea ás casas na procura de nenos, pero non para facerlles mal
ningún, ao revés, vén para ver o que
soñan. Se ve que están soñando cousas malas, bísballes no oído e cóntalles un conto para que non se sintan
mal e deixen durmir os pais.
Vive en Betanzos , unha vila preciosa
da provincia da Coruña , aínda que algúns din que o viron polos seus arredores,
por Paderne por exemplo. Aínda que por alí xa se ten observado que o
T- Plus sobe aos tractores dos veciños e pasa
o día agardando a que chegue a
noite, un neno demostrou que non é sempre así.
Un día este neno decidiu apartar o
seu caixón para ver que xoguetes tiña gardados e ao facelo descubriu un burato
en forma de estrela. O neno, moi curioso, decidiu meter a man para ver se podía sacar ou coller algo. Cando xa
levaba un anaco de tempo coa man alí metida, tocou algo fóra do normal e a
verdade, xa non se pode contar nada máis ... porque o neno decidiu gardalo en
segredo.
Es
resumo: se tes un pesadelo malvado, agarda, que o T-Plus vira a te salvar.
O GOLFICÁN
O
golficán é un ser cunha aparencia moi rara. A súa parte superior é coma a dun can , con orellas pelo e fociño
mentres que a súa parte inferior é coma
un golfiño , cunha grande aleta.
Vive nos mares , normalmente está nas
praias porque lle gusta moito estar coa
xente , axudando a todos a nadar e xogando con nenos e adultos. Moitas
veces fai de colchón de auga para os
nenos pequenos.
Din
que se formou porque unha nena levou un can á praia e cando este correu
cara á auga , un golfiño atrapouno e mergullouno. A xente que estaba alí quedou
abraiada, ningúen sabía onde estaba o can. Minutos máis tarde saiu da auga,
pero tiña algo raro... tiña unha cola de golfiño. Por iso lle chamaron
golficán.
Unha das anécdotas máis graciosas que
protagonizou o golficán foi cando unha
nena o confundiu cun colchón de golfiño e o levou para a casa. Ao chegar , a
nena apertouno para desinchalo , pero non era capaz de conseguilo. Déronse conta de que era o golficán e chamaron á policía que o devolveu ao mar.
O PAXAREFANTE
O
paxarefante é un paxaro con patas de elefante e cunha trompa substituíndo o
pico. Dise que non asubía coma un paxaro, se non coma un elefante. Este adoita atoparse
nos montes de árbores autóctonas.
Hai unha rapaza que foi ao monte, e empezou
a escoitar un elefante, pero este son
viña de enriba súa, levantou a cabeza e viu
ao paxarefante voando sobre ela.
O GAPEIRO
O GAPEIRO
O
gapeiro é un peixe moi grande con catro aletas na parte inferior do corpo que
lle permiten desprazarse a grande velocidade e escarvar para facer a súa propia
casiña. Cando pasa unha semana de sol e no mesmo mes hai unha semana de choiva,
a este peixe sáenlle patas no lugar das aletas e acaba por transformarse en gato.
Pode transformarse de novo en peixe se hai unha semana de choiva e outra de sol
no mesmo mes, ao contrario que para converterse en gato.
Unha
vez uns nenos colleron un coa forma de gato e coidárono,ata que un día viron como se facía peixe, Os rapaces, apesar
de estaren abraiados, colleron un acuario e meteron o gapeiro dentro. O peixe ,
moi agradecido, puxo vinte ovos de esmeralda
que fixeron moi ricas as súas
familias.






























