Nesta presentación podedes atopar unha sinxela guía para o uso do xénero gramatical . Está dirixida basicamente ao alumnado de 1º  de ESO.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE O SUBSTANTIVO.
PARA ESCRIBIRDES NO CADERNO:
1.Coa axuda desta presentación , do libro e dos APUNTAMENTOS  de galego escribe de novo as seguintes frases
completándoas cos artigos (determinados: o, a, os, as,  ou indeterminados: un, unha, uns, unhas)  que correspondan. Fai as contraccións
necesarias.            
      
1.        
En __ cume daquela montaña
instalaron unha antena de radio.
       2.        
Non botes __ mel en
__leite, xa ten azucre dabondo.
     3.        
Encargáronme __labor moi fácil:
contar tódalas mesas da clase.
      
4.        
Teño __ gran en __nariz e
dóeme de moito carafio.
      
5.        
Fíxenlle __ sinal ó saco
para recoñecelo.
      
6.        
Por isto non chegará
__sangue ao río!
      
7.        
Cargade __equipaxe no meu
cabalo.
      
8.        
A médica mandoume
facer__análise.
      
9.        
Con __calor do sol medran
mellor __árbores. 
    
10.      
Teño __dor nas costas que
me fai ver as estrelas! 
    
11.      
Os xefes deron __orde de
acampar en __ marxe dereita do río.
    
12.      
__ orixe do accidente foi
un erro do condutor do autobús.
    
13.      
Os veciños reclaman __
ponte sobre a vía do tren.
    
14.      
Se souberas __ suor que
me custou facer esta casa!
    
15.      
A moto fixo __ viraxe en
falso e o motorista caeu ao chan.
    
16.      
Os paxariños agacháronse
no medio de __ ramaxe.
2. Escribe de novo as seguintes
frases completándoas  con ARTIGOS  e facendo as contraccións necesarias:
       1             
Nalgunhas zonas de Galicia fanse filloas con ____
sangue dos porcos.
      2             
En ____ cume da casa aniñan as anduriñas.
      3             
En ___ homenaxe que lle fixeron ao alcalde recitaron
varios poemas.
      4             
___leite que se produce en Galicia expórtase a
outras rexións españolas.
      5             
Con ____ friaxe da noite tivemos que buscar refuxio  debaixo de ______ ponte.
      6             
Meu pai é un lambón adoece por 
______ mel.
      7             
________   a é a primeira letra
do abecedario.
      8             
_____cor verde predomina en ________ paisaxe de Galicia.
      9             
Tivo que tomar unha aspirina para ______ dolor de cabeza. 
  10             
Plantamos _______árbore  en
_______ marxe dereita do río.
3. Escribe de novo as seguintes
frases completándoas  con ARTIGOS  e facendo as contraccións necesarias:
      1             
Ese mariñeiro leva _______ tatuaxe no brazo
esquerdo
      2             
Teu irmán sacou o pano e limpou _______ sangue que
tiña en              ________nariz.
      3             
Fíxome ______ sinal para que o axudase a descifrar
_______ mensaxe.
      4             
Mollei toda a camisa con _______ suor.
      5             
Os nenos necesitan ________ calor dos pais.
      6             
Os médicos non saben cal é _____     orixe desa enfermidade.
      7             
O nome de Froilán leva o acento en ________ a.
      8             
Teño ______ costume de meter o dedo en _______ leite
para saber se está quente.
      9             
Coñecinte en ________ viaxe que fixemos a Viveiro.
  10             
_________ labor do xardineiro é coidar o xardín.
( Exercicios recollidos da páxina do Dpto de LGL do IES de Trasancos)
 
Isto vouno copiar eu para o meu grupo...
ResponderEliminar