Mostrar mensagens com a etiqueta BEN FALADO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta BEN FALADO. Mostrar todas as mensagens

01/11/2012

RAP E REGUEIFA

               O rap e a regueifa son dúas formas de versificación improvisada con indubidables semellanzas. Neste curso trataremos de organizar para vós algúns obradoiros sobre estes dous xéneros da literatura oral . Será diversión segura, á par que aprendizaxe. Dígovolo por experiencia,porque noutros cursos quedamos todos encantados!
No seguinte capítulo do programa Ben falado, explícase algo de todo isto :




Abaixo podedes ver a Pinto de Herbón e O Caruncho que viñeron ao noso instituto polo Entroido,hai tres cursos, para explicar como se fan as regueifas. 
Pasámolo de medo!





06/10/2012

BEN FALADO VI

BEN FALADO!  é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado por Xesús Ferro Ruibal , académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades .


  • CAPÍTULO 6 . ¿QUE SIGNIFICAN OS NOSOS APELIDOS?

01/10/2012

BEN FALADO I

BEN FALADO!  é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.

CAPÍTULO I
Os rapaces dun instituto falan da orixe do nome de Galicia e das palabras milenarias do noso idioma.