Mostrar mensagens com a etiqueta LITERATURA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta LITERATURA. Mostrar todas as mensagens

11/01/2017

AS VANGARDAS

Imos empregar esta  presentación procedente  do  blogue TRAFEGANDO RONSEIS  para  ir vendo as características das vangardas:


É moi recomendable "pasear" pola fantástica UNIDADE DIDÁCTICA elaborada pola profesora Pilar Ponte; nela dáse unha visión global e moi completa da vangarda en Galicia, achegándonos numerosos enlaces para ampliar as informacións.
Deste traballo extraemos algúns apartados con especial interese:

 O NEOTROBADORISMO é unha vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galaico-portuguesa, a través da edición comentada de J. Joaquin Nunes (1928), o que fixo posíbel a aparición dun novo discurso poético. Nesta nova vangarda recréanse temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor, con recursos formais (paralelismorefránleixaprén...), e ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...). Sobre todo inflúe a cantiga de amigo.No contexto renovador das vangardas históricas  algúns autores  como  é o caso de Álvaro Cunqueiro, incorporaron elementos do lirismo medieval co afán de construír textos vangardistas
O HILOZOÍSMO   foi un movemento poético propio da vangarda galega, cuxo pai foi Luís Amado Carballo. Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza, a cal aparecece en constante movemento, grazas moitas veces ao uso de imaxes autónomas.
Emprego abondoso e atrevido de imaxes.
- Ampla utilización das cores. A presenza do elemento plástico e cromático é abondosa e evidente. Predomina o uso do AMARELO, o cal simboliza o desacougo enmascarado pola euforia.
- Uso do verso octosílabo, co que se diferencia dos movementos de vangarda europea, onde se prescribía o versolibrismo.
- Ambientación rural, aparecendo con frecuencia elementos folclóricos, relixiosidade popular e bucolismo.
- Presenza de estranxeirismos, sobre todo empréstimos do francés e inglés. Isto conecta o hilozoísmo co multilingüísmo das vangardas europeas, o cal lle outorga un certo cosmopolitismo.

  • UN POEMA HILOZOÍSTA : O GALO  DE AMADO CARBALLO
O MAIOR REPRESENTANTE DA VANGARDA GALEGA  :   MANUEL ANTONIO

- O manifesto Máis Alá, 1921. Escrito por el e asinado tamén polo debuxante Álvaro Cebreiro.
-  A obra  De catro a catro      aínda que editada en 1928, foi escrita durante a súa navegación co "Constantino Candeira", como o manifesta o autor no manuscrito (1926-27). Foi o único libro publicado en vida do autor. A obra reflicte o proceso da viaxe marítima, seguindo unha liña temporal. Comeza con "Intencións" onde o poeta anuncia que vai comezar a singradura, e amósase ilusionado ante unha nova experiencia. Continuan 17 poemas nos que se manifesta unha vivencia interna do mar, e unha experiencia íntima en contacto co cosmos que o rodea. No medio da navegación hai unha escala en terra, os poemas 8 e 9, "Recalada" e "Navy bar". Remata a viaxe cunha volta á terra, o poema "Adeus" é a súa despedida saudosa que significa o regreso á vila natal, que será o seguinte poemario: Viladomar.

Este proceso axústase a unha estrutura mítica, o suxeito abandona o mundo coñecido e protector da beiramar -ao que volve rematada a navegación- pero a travesía ofrécelle un conxunto de vivencias que debe descifrar. O poeta, co-mo Ulises, realiza unha navegación iniciática, percorrendo o mesmo itinerario: Abandono do coñecido. Aventura, abrirse ao novo. Regreso renovado pola experiencia. O universo simbólico da aventura interior do suxeito vén manifestada por varios símbolos: o mar (simboliza a vida), o barco (representa o poeta, o eu lírico que comeza a viaxe), a proa (significa o futuro), o ronsel (simboliza o pasado), o mastro (dálle ánimos para continuar a travesía), o leme (representa o rumbo definido, o vento (simboliza o dinamismo), etc.
Este libro presenta unha tripla orixinalidade:
Lingüística ao introducir cultismos inéditos na nosa literatura e introducir o léxico da navegación.
Temática en canto que presenta o mar desde o propio mar conformando unha paisaxe ata daquela descoñecida.
Formal no tratamento rupturista e nas imaxes vangardistas.
A pegada creacionista neste libro é grande pero existen algunhas características que afastan o libro do vangardismo, como o carácter unitario do poema e a anulación da distancia entre o obxecto poético e o suxeito lírico. 
Algúns dos seus principais trazos son:
- Utilización  do versolibrismo, ausencia de rima e dos signos de puntuación.
- Disposición libre da tipografía.
- Emprego de tecnicismos, neoloxismos e estranxeirismos.
- Ausencia de fío argumental.
- Sucesión de imaxes de carácter creacionista nas que o termo real non garda relación co termo imaxinario.
- Presenza recorrente de motivos como: o mar no que proxecta o seu ánimo o poeta; o paso do tempo; e unha vivencia da condición humana en clave existencial.
 - Tematicamente, a natureza é a grande protagonista, mediante o uso e abuso de prosopopeas. O elemento humano apenas aparece e, cando o fai, fúndese coa paisaxe.


POEMA DE MANUEL ANTONIO INTENCIÓNS ( DE CATRO A CATRO)
POEMA DE MANUEL ANTONIO  SÓS  ( DE CATRO A CATRO)

26/11/2016

Comentario dunha cantiga de amor

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.
  
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.

COMENTARIO: 

Estamos diante dunha cantiga medieval da lírica galego-portuguesa, producida nas cortes entre os séculos XIII e XV . Trátase dunha cantiga pertencente ao xénero de amor,o máis influído pola canço provenzal , xa que podemos observar como nela a voz lírica é a dun home que expresa os seus sentimentos amorosos por unha dama ( a dona que eu amo e tenho por senhor). En concreto  nesta cantiga o home diríxese a Deus para pedirlle que lle deixe a ver a muller , e que se non   lle provoque a morte, xa que o sufrimento por non vela é superior ao da perda da propia vida.
O tema é polo tanto o sufrimento de amor pola muller  denominado “coita amorosa” , que é o motivo central da maioría das cantigas de amor. Este tema central desenvólvese nas sucesivas estrofas.Na segunda o namorado expresa como o sufrimento por amor provoca o seu pranto ( a que tenho eu por lume deste ollos meus e porque choran sempre…)  ; na terceira expón que a destinataria do seu amor é a máis fermosa de todas as mulleres que coñece ( esa que vos fezestes de mellor parecer de cuantas sei); e na última declara que a ama máis a ela que a si mesmo ( que mi-a fezestes mais ca min amar). 
Os personaxes que aparecen nesta cantiga son o trobador namorado e a dama ( ademais de Deus  ao que se dirixe o home) . A dama é denominada “ senhor” trasladándose á linguaxe amorosa a terminoloxía feudal ( a dona, a senhor) que amosa o home como servidor da muller. Ademais é caracterizada como perfecta fisicamente ( a que vos fezestes de melhor parecer de quantas sei) . O home unicamente é caracterizado como vítima do seu namoramento, sufrindo por un amor non correspondido e por non poder  sequera  ver a muller ( coita amorosa)

Por último indicaremos que se trata dunha cantiga de refrán , xa que o último verso é común a todas as estrofas.



27/09/2016

GALICIA NO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX

   Non hai moito tempo, a Televisión de Galicia emitiu unha serie chamada HISTORIAS DE GALICIA, que recollía e divulgaba de xeito moi didáctico diversos aspectos da nosa historia. Varios capítulos son  moi interesantes para contextualizar a literatura do primeiro terzo do século XX. Quedan aquí varios fragmentos que debedes ver:
  O primeiro centrado no movemento agrarista, fundamental como falamos na clase, na abolición dos foros.
  O segundo é parte dun capítulo máis longo que  explica a construción da conciencia galeguista. Fixádevos ben sobre todo nos minutos finais , onde a figura de Castelao é protagonista:
 Por último o terceiro vídeo recolle a situación dos mestres durante a segunda república facendo un repaso por algúns dos aspectos aos que as leis republicanas atenderon especialmente : a igualdade da muller , o seu dereito ao voto, a coeducación...


  .
 

22/10/2015

AFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO

       
    As seguintes presentacións son un apoio ás explicacións de clase sobre  Castelao, unha das figuras máis relevantes na historia de Galicia,tanto desde o punto de vista literario e artístico como  desde a perspectiva humana. Mirádeas con moito interese e admiración. Castelao deuno todo por Galicia e os galegos.
    Na primeira presentación faise un resumo da vida e da obra Castelao.Nela recóllense os aspectos máis relevantes sobre este autor .


Fonte: Castelao from Marlou

       
           Para os que queiran gozar da súa obra gráfica, queda a continuación  unha presentación na que se recolle unha selección de debuxos e pinturas.

Castelao from Pepacerua



ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE A OBRA " COUSAS": 

  

ENLACES DE INTERESE SOBRE CASTELAO:



  • Cousas ( textos e debuxos da obra)


 
Castelao na rede






11/05/2015

UXÍO NOVONEYRA E A LETANÍA DE GALICIA


Este  poema de Uxío Novoneyra, datado en 1968 ,  foi publicado en 1970 e incluído posteriormente no libro Os Eidos 2. Corresponde a un tempo no que as liberdades individuais e colectivas  estaban moi limitadas pola ditadura , o réxime político daqueles anos . O autor emprega a forma da ladaíña , o conxunto de pregarias encadeadas que se fan ao final do rezo do  rosario As xentes coñecían moi ben a mecánica destas composicións , pola presenza social que tiñan daquela os ritos da igrexa.  Nelas unha persoa dirixía  a oración e os asistentes participantes interviñan en determinados momentos.






23/03/2015

OS MISTERIOS DO SEÑOR BURDICK

É imposible ler este libro sen botar a imaxinación a voar. Lelo leva 5 minutos, pero as historias que agocha xa  son outro conto. Botámonos a escribilas nas aulas?

Os misterios do señor Burdick

27/01/2015

A NARRATIVA DE POSGUERRA

Tres presentacións para vermos o panorama editorial en Galicia despois da guerra civil e as tendencias da narrativa galega da posguerra:

 
Narrativa de posguerra from trafegandoronseis

Nesta última atopamos a información clara e  ben organizada:

17/03/2014

ROSALÍA DE CASTRO . ENLACES.

Presentacións sobre a obra de Rosalía de Castro:
                                 




ENLACES   SOBRE ROSALÍA DE CASTRO NOS QUE ATOPAREDES INFORMACIÓNS DE CARÁCTER XERAL.

FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

FOTOBIOGRAFÍA DE ROSALÍA DE CASTRO FEITA NO IES BREAMO

VISITA VIRTUAL Á CASA -MUSEO ROSALÍA DE CASTRO.

ROSALÍA NA GALIPEDIA

ROSALÍA NO ALBUM DE MULLERES

LUGARES ONDE ATOPAREDES AS OBRAS DE ROSALÍA DE CASTRO:

CANTARES GALLEGOS

FOLLAS NOVAS

LIEDERS   artigo publicado no Álbum del Miño (Vigo, 1858) e considerado como o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia.

"LAS LITERATAS .Carta a Eduarda" Artigo publicado por primeira vez no Almanaque de Galicia de Lugo (1865).  Rosalía trata nel os prexuízos sociais que dificultan que as mulleres se dediquen á  tarefa literaria.

CONTO GALLEGO


POEMAS  PARA ESCOITAR E COMENTAR.

ADIÓS RÍOS , ADIÓS FONTES . SUXESTIÓNS PARA O COMENTARIO E VERSIÓN MUSICADA

SAN ANTONIO BENDITO. SUXESTIÓNS DE COMENTARIO.

A XUSTIZA POLA MAN. SUXESTIÓNS PARA O COMENTARIO E VERSIÓN MUSICADA

PRA A HABANA . SUXESTIÓNS PARA O COMENTARIO E VERSIÓN MUSICADA.

NEGRA SOMBRA. VERSIÓN MUSICADA POR LUZ CASAL E CARLOS NÚÑEZ



OUTRAS SUXESTIÓNS.




  • Rosalía como muller escritora ( selección de textos cos que tratamos de reflexionar sobre a visión que ten Rosalía sobre o papel da muller na sociedade).( Para 3º ESO)
    • Rosalía e a conciencia do idioma ( Selección de textos a partir dos que se convida a reflexión sobre a defensa que Rosalía fixo do idioma galego)(3º ESO)

    23/11/2013

    AS VANGARDAS

    Nesta entrada faremos recopilación dalgúns traballos elaborados por diversos profesores/as de Literatura sobre as vangardas . Comezaremos por estas  presentacións nas que se amosa unha visión introdutoria do fenómeno  da vangarda artística.




    É moi recomendable "pasear" pola fantástica UNIDADE DIDÁCTICA elaborada pola profesora Pilar Ponte; nela dáse unha visión global e moi completa da vangarda en Galicia, achegándonos numerosos enlaces para ampliar as informacións.
    Deste traballo extraemos algúns apartados con especial interese:


     O NEOTROBADORISMO é unha vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galaico-portuguesa, a través da edición comentada de J. Joaquin Nunes (1928), o que fixo posíbel a aparición dun novo discurso poético. Nesta nova vangarda recréanse temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor, con recursos formais (paralelismorefránleixaprén...), e ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...). Sobre todo inflúe a cantiga de amigo.No contexto renovador das vangardas históricas  algúns autores  como  é o caso de Álvaro Cunqueiro, incorporaron elementos do lirismo medieval co afán de construír textos vangardistas
    O HILOZOÍSMO   foi un movemento poético propio da vangarda galega, cuxo pai foi Luís Amado Carballo. Nos poemas hilozoístas préstaselle unha grande atención á natureza, a cal aparecece en constante movemento, grazas moitas veces ao uso de imaxes autónomas.
    Emprego abondoso e atrevido de imaxes.
    - Ampla utilización das cores. A presenza do elemento plástico e cromático é abondosa e evidente. Predomina o uso do AMARELO, o cal simboliza o desacougo enmascarado pola euforia.
    - Uso do verso octosílabo, co que se diferencia dos movementos de vangarda europea, onde se prescribía o versolibrismo.
    - Ambientación rural, aparecendo con frecuencia elementos folclóricos, relixiosidade popular e bucolismo.
    - Presenza de estranxeirismos, sobre todo empréstimos do francés e inglés. Isto conecta o hilozoísmo co multilingüísmo das vangardas europeas, o cal lle outorga un certo cosmopolitismo.

    • UN POEMA HILOZOÍSTA : O GALO  DE AMADO CARBALLO
    O MAIOR REPRESENTANTE DA VANGARDA GALEGA  :   MANUEL ANTONIO

    - O manifesto Máis Alá, 1921. Escrito por el e asinado tamén polo debuxante Álvaro Cebreiro.
    -  A obra  De catro a catro      aínda que editada en 1928, foi escrita durante a súa navegación co "Constantino Candeira", como o manifesta o autor no manuscrito (1926-27). Foi o único libro publicado en vida do autor. A obra reflicte o proceso da viaxe marítima, seguindo unha liña temporal. Comeza con "Intencións" onde o poeta anuncia que vai comezar a singradura, e amósase ilusionado ante unha nova experiencia. Continuan 17 poemas nos que se manifesta unha vivencia interna do mar, e unha experiencia íntima en contacto co cosmos que o rodea. No medio da navegación hai unha escala en terra, os poemas 8 e 9, "Recalada" e "Navy bar". Remata a viaxe cunha volta á terra, o poema "Adeus" é a súa despedida saudosa que significa o regreso á vila natal, que será o seguinte poemario: Viladomar.

    Este proceso axústase a unha estrutura mítica, o suxeito abandona o mundo coñecido e protector da beiramar -ao que volve rematada a navegación- pero a travesía ofrécelle un conxunto de vivencias que debe descifrar. O poeta, co-mo Ulises, realiza unha navegación iniciática, percorrendo o mesmo itinerario: Abandono do coñecido. Aventura, abrirse ao novo. Regreso renovado pola experiencia. O universo simbólico da aventura interior do suxeito vén manifestada por varios símbolos: o mar (simboliza a vida), o barco (representa o poeta, o eu lírico que comeza a viaxe), a proa (significa o futuro), o ronsel (simboliza o pasado), o mastro (dálle ánimos para continuar a travesía), o leme (representa o rumbo definido, o vento (simboliza o dinamismo), etc.
    Este libro presenta unha tripla orixinalidade:
    Lingüística ao introducir cultismos inéditos na nosa literatura e introducir o léxico da navegación.
    Temática en canto que presenta o mar desde o propio mar conformando unha paisaxe ata daquela descoñecida.
    Formal no tratamento rupturista e nas imaxes vangardistas.
    A pegada creacionista neste libro é grande pero existen algunhas características que afastan o libro do vangardismo, como o carácter unitario do poema e a anulación da distancia entre o obxecto poético e o suxeito lírico. 
    Algúns dos seus principais trazos son:
    - Utilización  do versolibrismo, ausencia de rima e dos signos de puntuación.
    - Disposición libre da tipografía.
    - Emprego de tecnicismos, neoloxismos e estranxeirismos.
    - Ausencia de fío argumental.
    - Sucesión de imaxes de carácter creacionista nas que o termo real non garda relación co termo imaxinario.
    - Presenza recorrente de motivos como: o mar no que proxecta o seu ánimo o poeta; o paso do tempo; e unha vivencia da condición humana en clave existencial.
     - Tematicamente, a natureza é a grande protagonista, mediante o uso e abuso de prosopopeas. O elemento humano apenas aparece e, cando o fai, fúndese coa paisaxe.


    POEMA DE MANUEL ANTONIO INTENCIÓNS ( DE CATRO A CATRO)
    POEMA DE MANUEL ANTONIO  SÓS  ( DE CATRO A CATRO)

    27/05/2013

    VISITA DE FINA CASALDERREY

          Hoxe tivemos unha visita especial , unha muller que veu para falarnos dos seus libros e conseguiu ganarnos a todos aos poucos minutos de comezar  . Con absoluta sinxeleza e modestia non parou de agradecernos a nós que a recibísemos no centro, que lésemos os seus libros, que a escoitásemos... como se nos costase traballo ou fose difícil atender a súa voz, chea  de cariño polo alumnado e pola literatura . Ao explicarnos as orixes e os contidos dos seus libros , a palabra de Fina Casalderrey soaba  a verdade, porque constantemente viaxou co seu discurso desde  os libros ata a vida e desde a vida ata os libros de novo; porque demostrou ademais a súa enorme capacidade profesional como mestra  e como escritora e porque nos fixo sentir  . As grazas son nosas e para ti, Fina. Moi de verdade.

    03/03/2013

    ENLACES SOBRE CELSO EMILIO FERREIRO






    POEMAS DA OBRA CANTIGAS DE ESCARNIO E MALDICIR


    VERSIÓNS MUSICADAS DALGÚNS DO POEMAS:

    • DOCUMENTARIO sobre o poeta galego Celso Emílio Ferreiro através da musicalización dos seus poemas. O vídeo foi emitido pola TVG (http://www.crtvg.es/), a quen pertence o copyright do mesmo.

    05/02/2013

    UN POEMA DO PRERREXURDIMENTO

    ACTIVIDADE PARA A VOLTA DO ENTROIDO ( debedes facela no caderno)

    No século XIX vencellado á defensa de Galicia, o idioma galego volveu ao ámbito escrito do que fora privado no período dos Séculos Escuros. Imos ler e analizar o contido deste poema para entender mellor este período que estamos a explicar nas aulas.

     Ou Galicia, Galicia, boi de palla,
    canta lástima ten de ti ten o gaiteiro!
    o aguillón que che meten é de aceiro
    e con el moita forza te asoballa.

    No lombo teu zorrega, bate e malla
    fasta o máis monicreque ferrancheiro,
    e calesquer podenco forasteiro
    te abafa, de vergonza sin migalla! 
                                                
    Agarima alleeira eses ingratos
    ou víboras que postas o teu peito
    co  ferrete che rompen mil buratos!

    Se o sangue teu refugas do teu leito
    malas novas, madrasta de insensatos,
    dos fillos teus ao amor non tes dereito.
                                                            Xoán Manuel Pintos en A Gaita Gallega

    1. Busca información sobre a obra da que procede este poema e resume as súas características  (título, ano de publicación, autor , contido…)
    2. Averigua que tipo de poema é este tendo en conta que consta de dous cuartetos( estrofas de catro versos) e dous tercetos(  estrofas de tres versos)
    3. O texto presenta  determinados vocábulos hoxe en desuso . Le o poema con moita atención observando   o seu significado coa axuda das informacións que se che dan a seguir :
    Ø  Alleeira ( ten en conta que é unha palabra que deriva de alleo. Se a palabra “doceiro” pode significar “persoa á que lle gostan os doces”, deduce que significará alleeira.
    Ø  Agarima: é un verbo derivado de agarimo , que significa cariño , afecto .
    Ø  Bafa: abafa, cobre de bafo, amola.
    Ø  Fasta: ata (preposición).
    Ø  Ferrancheiro: persoa que comercia con ferros vellos.
    Ø  Ferrete: aguillón dos insectos e serpes.
    Ø  Podenco: podengo, can pequeno, ideal para a caza do coello.
    Ø  Monicreque: insignificante, en sentido figurado.
    Ø  Aguillón: punta de ferro do extremo da aguillada.
    Ø  Zorrega: golpea cunha vara.
    4. Que figura literaria é a  expresión “ boi de palla?” Escolle unha das tres opcións e xustifica a resposta.            Simil                Metáfora             Personificación
    5. A quen está dirixido o poema? Xustifica a túa resposta.
    6. Con que calidades se asocia o “ boi” na sociedade tradicional ( pensa que é un animal de traballo ) fai o mesmo coa palabra “palla” .
    -   Indica catro calidades que se lle poden atribuír a un boi :
    - Indica catro calidades que se lle poden atribuír á palla:
    - Trata de explicar que significado adquiren estes dous termos xuntos na expresión “boi de palla"
    7. Sinala os verbos que no texto indiquen algún tipo de agresión .
    8. No última estrofa do poema hai unha orde exposta en ton irónico. Explica en que consiste a ironía.
    9. No texto hai dúas partes bastante claras. A primeira desenvólvese nos dous cuartetos e a segunda nos dous tercetos. Trata de explicar o contido de cada unha destas partes.
    10.Cal cres que é a intencionalidade deste poema? Tendo en conta a resposta que deas xustifica se este poema é costumista, intimista, social patriótico…

    01/02/2013

    A xustiza pola man.


    Le o poema de Rosalía de Castro e escoita a versión musicada por Nao. A continuación contesta as cuestións que se indican.

    Aqués que tén fama de honrados na vila, 
    roubáronme tanta brancura que eu tiña; 
    botáronme estrume nas galas dun día,
    a roupa de cote puñéronma en tiras.

    Nin pedra deixaron en onde eu vivira;
    sin lar, sin abrigo, morei nas cortiñas;
    ao raso coas lebres durmín nas campías;
    meus fillos..., meus anxos...!, que tanto eu quería,
     morreron, morreron coa fame que tiñan!

    Quedei deshonrada, mucháronme a vida,
     fixéronme un leito de toxos e silvas,
    i en tanto, os raposos de sangue maldita,
    tranquilos nun leito de rosas durmían.

    - Salvádeme , ou xuíces! -berrei...,  Tolería !
    De min se mofaron , vendeume a xustiza.
    - Bon Dios axudaime - berrei, berrei inda...
    Tan alto que estaba bon Dios non me oira.

    Entonces, cal loba doente ou ferida
    dun salto con rabia pillei a fouciña,
    rondei paseniño... Ne as herbas sentían!
    E a lúa escondíase , e a fera durmía
    cos seus compañeiros en cama mullida.

    Mireinos con calma, e as mans estendidas, 
    dun golpe, dun soio!deixeinos sen vida.
    E ao lado, contenta, senteime das vítimas,
    tranquila, esperando pola alba do día.

    E entonces, entonces cumpriuse a xustiza;
    eu, neles; e as leises, na man que os ferira.

    Rosalía de Castro ,   Follas Novas (Do íntimo)





    SUXESTIÓNS PARA A LECTURA E COMPRENSIÓN DO POEMA

    1 -   Sinala cal é a voz lírica do poema.Como aparece caracterizada e en que persoa se expresa?
    2 -   Identifica no poema as seguintes  partes atendendo ao  tema tratado e analizando as cuestións sinaladas :
    a) - Exposición dunha situación inxusta 
    Xustifica se se pode considerar narrativa  esta parte do poema.
     Analiza como se contrapón o eu e o eles. Que  recursos que se utilizan nesta parte e ao longo do poema para a contraposición? E para intensificar a gravidade do tema ?
    b )-Petición de xustiza non cumprida. 
    Analiza que función da linguaxe predomina nesta parte tendo en conta quen son os destinatarios da mensaxe da voz lírica.
    Que recursos se utilizan para darlle maior intensidade á petición?
    c) - Vinganza.Cumprimento da xustiza.
    - Xustifica se hai ou non narratividade.
    - Fíxate na metáforas e comparacións coas que se alude aos protagonistas. Cres que teñen algunha significación?
    Sinala o cambio producido no estado anímico do emisor nos dous últimos versos.A que é debido o cambio?