Durante esta semana a data do San Valentín serviunos como excusa para facer unha antoloxía de poemas de amor. Titulámola VERSOS CON AMOR . Con ela a rapazada foise inspirando para o concurso de microrrelatos convocado pola Esperela.
Mostrar mensagens com a etiqueta POESÍA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta POESÍA. Mostrar todas as mensagens
15/02/2017
30/04/2014
" ESA LUS "
Como xa sabedes este ano dedícase o día das letras galegas a Xosé María Díaz Castro. Desde este blogue ( ver na barra da dereita) podedes acceder a moitas informacións e traballos sobre este escritor nacido nos Vilares (no concello de Guitiriz de Lugo). No intituto desta vila,que leva o nome do poeta ,están a desenvolver o proxecto educativo denominado A lus do mundo , para achegar a poesía de Díaz Castro aos escolares. Unha das iniciativas consiste en poñer música aos seus poemas , ás veces empregando melodías coñecidas e ás veces con composicións propias.
Neste vídeo podedes ver unha interpretación colectiva dedicada ao poeta co título "Esa lus" . Tamén podedes descargar a base musical para cantárdela se vos presta.
"Esa lus"
Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus
Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá
Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá
01/04/2013
ONDAS DE VERDE E AZUL. ANA MARÍA FERNÁNDEZ
TÍTULO: Ondas de verde e azul
AUTORA: Ana María Fernández
EDITORIAL: Xerais
COLECCIÓN: Merlín
ONDAS DO MAR
Ondas do mar,
verdes ondas,
altas, baixas,
longas,
fondas;
ondas cun facho de escuma,
ondas que buscan fortuna,
ondas que son latriqueiras
e de ribeira en ribeira
saltan en máxicas dunas;
ondas que bican os fondos
e remontan altos tombos,
ondas que estralan,
que brúan;
ondas con dedos de chamas,
ondas que abraian e aclaman,
ondas que xuntan areas,
ondas que contan fazañas,
ondas que erguen montañas,
ondas do Sur e do Norte,
ondas que esconden a Vida,
ondas que tecen a Morte,
ondas pequenas, mainiñas,
ondas que cobren o mundo.
Moradoras da mariña,
mensaxeiras do profundo.
..................
SAÍA A SEREA
Saía a serea
con saia de mar.
Saía a serea,
cantando un cantar.
Saía a serea
con saia salgada,
cabelos de noite
e escama dourada.
Saía a serea
no mar do coído,
con tres margaridas
nun peto escondido.
Saía a serea
dun fondo castelo,
levaba unha cuncha
prendida no pelo.
Saía a serea
con moito esplendor,
saía soíña
buscando un amor.
E andaba ós menceres
cantando baixiño,
montada no lombo
dun mouro golfiño.
Que nade, que nade
a linda serea,
que teza mil ondas
en cada marea.
Que teza mil ondas,
que enfeixe cantares
para os mariñeiros
que sucan os mares.
VERDEDADES. YOLANDA CASTAÑO
AUTORA: Yolanda Castaño
ILUSTRADOR: Xosé Tomás
EDITORIAL: Biblos, 2012.
Todos eses namorados
teñen parvo o corazón,
collen unha margarida
e danlle a ela a razón.
******************
Hai unha planta malvada
que non vas poder crer:
váiselle pousar un becho
e axiña vaino comer.
*********************
Contemplando esta fermosa
suave flor do algodón,
faime graza que puidese
converterse nun calzón!
*********************
Mantense ergueito o carballo
e en mil anos non dá morto,
alén diso, as súas landras,
tamén manteñen os porcos
**************************
Din que o cardo non é lindo
mais, por que feo vai ser
se se adianta á primavera
e é o primeiro en florecer?
SOMBRA DO AIRE NA HERBA. LUIS PIMENTEL
OBRA: Sombra do aire na herba
AUTOR: Luis Pimentel
EDITORIAL : Galaxia. 1959
Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de
madeira
o meu neno
está na
lareira.
Tin, tin, tin
cuchara de
prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.
Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de
cristal
o meu neno
é príncipe
real.
..................
Aquil neno
pincháballe os ollos
ós paxaros;
e gustáballe ver saír
esa gotiña
de ar e de lus,
ise rocío limpo
de mañanciñas frescas
............
Logo botábaos
a voar
e reíase de velos
toupar contra o valado
da súa casa,
con un ruído
moi triste
............
Creceu e foi de aqueles.
pincháballe os ollos
ós paxaros;
e gustáballe ver saír
esa gotiña
de ar e de lus,
ise rocío limpo
de mañanciñas frescas
............
Logo botábaos
a voar
e reíase de velos
toupar contra o valado
da súa casa,
con un ruído
moi triste
............
Creceu e foi de aqueles.
CIDADES. FRAN ALONSO
TÍTULO: Cidades
AUTOR: Fran Alonso
EDICIÓNS XERAIS , 2013.
COLECCIÓN: Sopa de letras.
Eu vivín nunha cidade de
iogur
con rúas de marmelada.
E edificios doces coma
caramelo.
E nunha de ladrillo
con rúas de cemento,
e edificios fríos coma o
vento.
E nunha de esparto
con rúas de manteiga,
e edificios porosos coma
feno.
Eu vivín en todas as partes,
habitante do tempo.
Estudei nun pupitre de auga
gorda
nunha escola onde o mar.
E no recreo ía pescar luras
na chalupa do meu avó.
Aprendía a escribir nunha
clase pequena,
de persianas de sal.
No encerado nacían peixes,
e gamelas nos ollos do
profesor.
Os meus compañeiros eran
xoubas
e eu un tiburón.
O mar anegaba as rúas da
cidae,
e tiñamos que nadar para
salvarnos
ata que tocaba, sempre a
tempo,
o timbre do recreo.
CONTOS DA RULA. CONCHA BLANCO

OBRA: Cantos da rula
AUTORA: Concha Blanco
EDICIÓNS DO CASTRO, 2008
A NOITE
As luces
producen sombras.
As sombras
danme arrepío.
Coas luces sinto calor
e as sombras danme frío.
Chega o día, vaise a noite
chega a noite, vaise o día.
Coa sombra vén a tristeza
e coa luz chega a alegría.
Fuxe, noite.
Vente, día.
Eu quixera que a noite
non me roubase a alegría.
O TREN
Non o paso ben
na estación do tren.
Maletas con rodas
maletas de man
mochilas ao lombo
que veñen e van.
Só faltan minutos
non trae retraso
dentro de moi pouco
estou nos seus brazos.
Óese un pitido
que anuncia a chegada
o tren, maxestoso,
amosa a faciana.
Todo é un bulebule
os nervios afloran
hai xente que ri
hai xente que chora.
Moitas mans saúdan,
cales delas serán
as mans que eu agarre
para non as soltar?
Papá! berro eu
botando a correr,
batendo contra todo
ata dar con el.
Amais das maletas
de distinta cor
papá trae un saco
cargado de amor.
É un saco invisible
cheíño de bicos,
para a súa familia
para os seus amigos.
Non o paso ben
na estación do tren.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

