OS DEMOSTRATIVOS
Os pronomes ou determinantes demostrativos empréganse para sinalarmos
unha entidade e, asemade, achegarmos unha idea de distancia que pode referirse
tanto ao espazo coma ao tempo ou a partes anteriores ou posteriores do noso
discurso.
PROXIMIDADE
|
NÚMERO
|
MASCULINO
|
FEMININO
|
NEUTRO/ INVARIABLE
|
AQUÍ
|
SINGULAR
|
este
|
esta
|
isto
|
PLURAL
|
estes
|
estas
|
AÍ
|
SINGULAR
|
ese
|
esa
|
iso
|
PLURAL
|
eses
|
esas
|
ALÍ
|
SINGULAR
|
aquel
|
aquela
|
aquilo
|
PLURAL
|
aqueles
|
aquelas
|
denominadas formas neutras dos demostrativos (isto,
iso, aquilo) son pronomes e, polo tanto, non
poden funcionar como determinantes.
Non se aceptan na escrita as formas esto*, eso*, aquello*
nin a forma elo*
CONTRACCIÓNS DE PREPOSICIÓNS CON DEMOSTRATIVO:
|
este, -s
|
esta, -s
|
ese, -s
|
esa, -s
|
aquel,-es
|
aquela, -s
|
de
|
deste, -s
|
desta, -s
|
dese, -s
|
desa, -s
|
daquel, -es
|
daquela, -s
|
en
|
neste, -s
|
nesta, -s
|
nese, -s
|
nesa, -s
|
naquel, -es
|
naquela, -
|
Os demostrativos poden combinarse
cos indefinidos outro(s), outra(s) e dar lugar a novas formas demostrativas
que se empregan para manifestarmos a escolla entre dous elementos que non teñen
por que aparecer expresos.
|
masc.
|
fem.
|
masc.
|
fem.
|
masc.
|
fem.
|
sing.
|
estoutro
|
estoutra
|
esoutro
|
esoutra
|
aqueloutro
|
aqueloutra
|
pl.
|
estoutros
|
estoutras
|
esoutros
|
esoutras
|
aqueloutros
|
aqueloutras
|
Entre esta e estoutra programación penso que debemos escoller a segunda
As máis sinxelas non son estas probas, senón aqueloutras que deseñaramos
Malia estas seren as formas habituais, existen tamén as formas plenas,
que son as únicas posibles para o neutro:
isto outro, iso outro, aquilo
outro.
Iso outro non se menciona na lexislación vixente
USOS E
VALORES ESPECIAIS DOS DEMOSTRATIVOS
·
O demostrativo aquel(a) pode usarse con valor substantivo como palabra “comodín”
con distintos significados segundo o
contexto.
Co aquel (= motivo, pretexto) da folga suspendéronse as clases
Ten moita aquela (= arte, habilidade, astucia) para a investigación
Desta maneira chegan a empregarse formas
verbais derivadas como aquelar,
aqueloutrar, desaquelar ou desaqueloutrar. Agora mesmo aquelas (= ordenas, arranxas) estes expedientes
Tamén se usan como adxectivo: Non sei por
que anda tan desaquelado (=
preocupado, pensativo, tristeiro)
•
A contracción daquela, por unha banda, pode
ter valor adverbial e equivaler
a ‘naquel momento’:
Daquela o departamento contaba con menos medios
Pola outra, pode ter valor de
conxunción consecutiva e equivaler a ‘por tanto’, ‘xa que logo’.
Se é así como ti dis, daquela non hai perigo de exclusión para os
discapacitados.
• As contraccións nisto, niso, naquilo, nestas e nesas, e a
locución con estas empréganse con valor adverbial co significado de ‘entón’,
‘nese momento’, ‘nese mesmo momento’, ‘no mesmo instante’, ‘de repente’ etc.
Nisto foise a luz e quedamos sen acabar o
experimento
Nestas que vou por unha auga á máquina e chámame por teléfono
E con estas colleu e enviou os seus datos por fax
ACTIVIDADES:
Indica o valor dos demostrativos nas
seguintes oracións :
- Ten un aquel que namora.
- Co aquel da festa non foi á clase.
- A túa compañeira si que ten aquel.
- Esa saída graciosa si que ten aquel.
- Ese filme non ten aquela ningunha.
- É bo rapaz, mais ten unha aquela que o fai moi feo.
- O individuo ese non me engana a min.
- Iso non é un mozo, é un farrapo.
- Daquela aínda ti eras pequena.
- Cando veu daquela, estábache mellor conservado.
- Daquela déixocho na conserxería.
- E con estas, esfumouse en cuestión de segundos.
- Nisto deixou de chover e saíu o “Lourenzo” todo esplendoroso.
- Nestas entra a directora de moi mal xenio.
- Conta o que che pasou daquela.
- Daquela imos hoxe ao teatro, ver unha versión de O lapis do
carpinteiro.
- Co aquel do partido do Celta saíron antes da hora.
- Véxolle pouca aquela a esta programación.
- Con que aquel me contaba as súas aventuras en África!
- Non o vas conseguir nin por esas!
- Esa si que che foi boa, cóntalla a outro!
- E ti agora vésme con estas, anda, vai rañar a
barriga por aí!
|