Mostrar mensagens com a etiqueta LECTURAS OBRIGATORIAS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta LECTURAS OBRIGATORIAS. Mostrar todas as mensagens

07/01/2015

ANGIE, ROSALÍA E O TEMPO METEOROLÓXICO


O alumnado de terceiro de ESO ten asignada, como lectura obrigatoria do segundo trimestre , a obra de Andrea Maceiras titulada Nubes de evolución.

Neste libro , a autora saca un grande partido das expresións que vencellan o tempo meteorolóxico cos estados de ánimo , o propio título Nubes de evolución  encerra unha metáfora cuxo significado descubriredes ao irdes lendo a obra. Parte ademais duns versos de Rosalía e dunha frase do tema Angie dos Rolling Stones, que tamén recorren ás expresións climáticas para falar do espírito. 
Imos pois comezar , como estímulo inicial para comezar a lectura , a escoitar a canción dos Rolling e a ler os versos de Rosalía. 






When will those clouds all disappear? 
( Angie, The Rolling Stones)



Cóbreme unha espesa nube
tal preñada de tormentas, 
tal de soidás preñada
que a miña vida envenena.
(Cantares gallegos, Rosalía de Castro)

21/09/2014

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA 4º DE ESO

LECTURA OBRIGATORIA PARA O 1º TRIMESTRE./ 4º DE ESO

TÍTULO: Noite de voraces sombras
AUTOR:  Agustín Fernández Paz
EDITORIAL : Xerais
COLECCIÓN : Fóra de Xogo . nº 64

PLANIFICACIÓN DA LECTURA :

Día 13 de outubro. Para este día tedes que ter lidos os catro primeiros capítulos , traer o libro a clase e contestadas no teu caderno as seguintes cuestións:

1 - Dúbidas sobre vocabulario. Escribide unha listaxe de palabras das que descoñecesedes o significado  ao ler o libro.  ( Se despois de ler ou de consultardes o dicionario segue habendo dúbidas , aclararémolas)

2. A cita de José Ángel Valente, que introduce a novela dános a razón do seu título. Es capaz de interpretala ?

3. Resume brevemente o contido de cada un dos capítulos. Indica quen é o narrador. Fai unha breve caracterización dos personaxes que aparecen neles , do lugar no que se situa  a historia e na época aproximada á que se refire.


18/09/2014

LECTURA . 3º DE ESO

LECTURA OBRIGATORIA PARA TERCEIRO DE ESO // PRIMEIRO TRIMESTRE:

TÍTULO: Irmán do vento.
AUTOR:  Manuel Lourenzo González
EDITORIAL: Xerais
COLECCIÓN: Fóra de xogo , nº 72

PLANIFICACIÓN DA LECTURA PARA FACER UN SEGUIMENTO NA AULA:

PRIMEIRO PRAZO :

Día 15 de outubro  : tedes que ter lido o prólogo e os tres primeiros capítulos ( até a páxina 47 da obra )
Para ese día debedes traer o libro á clase e preparadas as seguintes cuestións :

1 - Dúbidas sobre vocabulario. Escribide unha listaxe de palabras das que descoñecesedes o significado  ao ler o libro.  ( Se despois de ler ou de consultardes o dicionario segue habendo dúbidas , aclararémolas)
2- Escribide no caderno o significado que ten para vós a dedicatoria do libro.
3- Explicade quen é o narrador do prólogo do libro. De onde é? A que se dedica? Con que sobrenome é coñecido? Desde que tempo está a contar a historia? En que momento di que sucedeu ? En que lugar xeográfico se centra a historia que se conta?
4- Documentádevos brevemente sobre os seguintes aspectos :

a) A escritura árabe ( algunha das súas características máis rechamantes para un occidental)
b) Que fai que a zona xeográfica na que se ambienta a historia sexa tan importante historicamente 
( indica varias razóns)
c) Que diferenzas hai entre árabe, musulmán e mouro?
d) Confirma os feitos históricos que aparecen no texto: a invasión de Kuwait, a guerra de Irak, a caída de Saddam Hussein . Indica en que ano aconteceron e xustifica se teñen ou non actualidade.

5- Quen é o narrador nos capítulos que seguen ao prólogo? 
Fai  unha breve caracterización do personaxe conforme vaias avanzando na lectura.
Constrúe a árbore xenealóxica da familia de Kahled ( no prólogo atoparás a información máis relevante) e indica as relacións de parentesco entre os personaxes.

6- A quen lle escribe Khaled? Que  feitos da súa vida lle conta? Ademais das súas experiencias vitais, que inclúe Khaled no que escribe?



19/01/2014

TRABALLO PARA 1º DE ESO

       Durante a semana pasada lemos nas aulas a obra teatral de Manuel Núñez Singala titulada O achado do castro  , despois da lectura dramatizada desta peza tan cómica, toca facer un pouquiño de traballo para aprendermos  algo máis .   
        A continuación  reproduzo as actividades que vos serán entregadas a cada un de vós en formato dixital para que completedes ( por se hai algún despistado ) . Fixádevos ben na data de entrega do traballo e poñédevos mans á obra


ACTIVIDADES SOBRE A LECTURA DA OBRA
O ACHADO DO CASTRO
 Aínda que esta obra teatral ten carácter humorístico, recolle algúns dos aspectos da vida cotiá na época dos romanos: as grandes diferenzas sociais ,o poder absoluto do Emperador. a existencia de escravos , a adoración aos deuses do Olimpo, a presenza da vida militar , a fala latina…
Contesta as seguintes cuestións:
  1. Averigua en que época foi o maior desenvolvemento do Imperio romano e en que séculos os romanos ocuparon Galicia.
Consulta no seguinte enlace : A GALICIA ROMANA
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):

  1. Explica cales eran as clases sociais da sociedade romana e que situación vivian os escravos. Como se ve a situación dos escravos reflectida nesta obra? E o poder absoluto do Emperador?
Consulta no seguinte enlace : ROMA ANTIGA
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):


  1. Na antiga Roma practicábase unha relixión politeísta ( moitos deuses) . Na obra aparecen mencionados algúns deuses romanos . Consulta cal era a función de cada un dos seguintes:

Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
Marte :
Xupiter:
Neptuno:
Venus:
Cupido:
Hércules:
Zeus:
Baco:

  1. No texto aparecen os nomes dalgúns referencias a obxectos e costumes romanas, consulta o que son as seguintes premendo nos enlaces e escríbeo a continuación:


Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
TRICLINIO:
CUADRIGA:
ORXÍA ( NA ANTIGÜIDADE CLÁSICA) :

  1. A acción desenvólvese na época romana pero menciónanse elementos , situacións, institucións etc. propias da actualidade co obxectivo de provocar a nosa risa. Esta mestura temporal chámase anacronismo.Busca exemplos de tres anacronismos na obra.
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):


  1. Ao longo desta peza hai varias referencias a cancións populares galegas. Localiza dúas e reproduce correctamente a parte da súa letra que se menciona na obra.
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):


  1. Valora se na obra hai aparición de algún tratamento “sexista”
( sexismo: comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas atendendo ao seu sexo)
- Cando se di que as mulleres saben gardar un segredo e os homes non ( páxinas 7-8) que imaxe se deixa en realidade do comportamento das mulleres? Cres que se corresponde coa realidade?
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
- Cando falan os soldados entre si ( a soldado 1 é unha muller ) e o soldado 2 di que os soldados teñen que aguantar moito desde que están as mulleres no exército. (páxina 8)
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
- Cando o Emperador (na páxina 28 ) di os seus pensamentos en alto, dá por suposto que se chega a algo con Arpexia o normal sería que ela fregase as copas ( e fastídialle que a dominadora Arpexia llas poida mandar fregar a el) . Na mesma páxina, cando é Arpexia a que amosa os seus sentimentos di a frase “ canto daría eu por remendarlle os calcetíns”. Cres que esa división de tarefas é lóxica? Por que se dá por feito que o de fregar e remendar calcetíns e cousa das mulleres?
Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
  1. Busca na obra dez palabras das que non coñezas o significado e cópias aquí xunto co seu significado . Constrúe despois unha oración con cada unha delas.


Palabra
Significado
Oración de exemplo:
Enxugar:
quitar a humidade, secar
Puxen a roupa a enxugar na corda
































  1. Fai un resumo do contido da obra que non supere as dúas páxinas.Trata de dividir o teu resumo en tres partes: introdución, nó e desenlace :
    Contesta dentro deste cadro( ampliándoo todo o que o necesites):
    Introdución:
    Nó:
    Desenlace:
  2. Por último, tes que gardar este documento e enviarmo por correo electrónico ao seguinte enderezo:
Ou , se non tes correo electrónico, entregarme unha copia por medio dun pendrive


PRAZO DE ENTREGA : ANTES DO DÍA 31 DE XANEIRO





PRAZO DE ENTREGA : ANTES DO DÍA 31 DE XANEIRO

31/03/2013

LECTURAS PARA 3º DE ESO. 3º TRIMESTRE

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA TERCEIRO DE ESO. TERCEIRO TRIMESTRE

No mes de maio, a  escritora e membro da Real Acedemia Galega,Fina Casalderrey visitará o noso instituto para ofrecernos dúas charlas ( para 1º e 2º ciclo da ESO respectivamente) sobre as súas obras.
No terceiro trimestre o alumnado de 3º de ESO deberá  escoller unha entre as seguintes obras de Fina Casalderrey


TÍTULO: MUTACIÓNS XENÉTICAS

AUTORA: FINA CASALDERREY

EDITORIAL XERAIS. COLECCIÓN FÓRA DE XOGO.

Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ó que nin sequera coñece. Estes resultarán ser trinta días de abraiantes descubrimentos, ata o extremo de que Hadrián será o protagonista na solución dun terrible problema, que está a piques de rematar coa liberdade humana que un louco pretendía controlar.

TÍTULO: SOBREVIVES?

AUTORA: FINA CASALDERREY

EDITORIAL XERAIS. COLECCIÓN FÓRA DE XOGO.
Sobrevives? narra a estremecedora historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudos de formación profesional. A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes, a súa obsesión pola caza e polos seus cans podengos, o seu resentimento oculto e as súas absurdas reaccións, unidas á vivacidade inquietante dos seus enormes ollos, non deixan de abraiar continuamente o profesorado e os seus compañeiros. Moni é unha permanente mancha negra que se resiste a desaparecer.Moni, o protagonista de Sobrevives?, vive dacabalo entre un mundo urbano que o rexeita, e no que vive dolorosamente, e un mundo rural que o acolle case amorosamente.

LECTURAS PARA 1º ESO. TERCEIRO TRIMESTRE

LECTURAS OBRIGATORIAS PARA PRIMEIRO DE ESO. TERCEIRO TRIMESTRE

No mes de maio, a  escritora e membro da Real Acedemia Galega,Fina Casalderrey visitará o noso instituto para ofrecernos dúas charlas ( para 1º e 2º ciclo da ESO respectivamente) sobre as súas obras.
No terceiro trimestre o alumnado de 1º de ESO deberá  escoller unha entre as seguintes obras de Fina Casalderrey

TÍTULO: A lagoa das nenas mudas.
AUTORA: Fina Casalderrey

Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros
Sinopse:
Amina é unha nena nixeriana que, tras obter o permiso de residencia, comeza a ir á escola. Esta é a historia do que sucede neses primeiros tempos, da relación cos profesores, cos compañeiros e especialmente con Ío, unha pequena que ten problemas para comunicarse pero non para sentir e ser quen de acollela. O continente africano e a inmigración aparecen reflectidos grazas á protagonista. Espertan os medos ao diferente e os prexuízos, pero tamén os sentimentos de solidariedade e a amizade entre as dúas rapazas.
As cartas que esta nena dirixe ao seu curmán e que forman parte do relato amósannos esta realidade, a nosa, vista por alguén que chega de lonxe, as súas percepcións e sentimentos, o que bota de menos e como se vai afacendo a estar entre nós.


SOBRE ESTE LIBRO  DEBERÁS REALIZAR AS SEGUINTES CUESTIÓNS, CON REDACCIÓN PROPIA E BOA PRESENTACIÓN. DEBERÁS ENTREGAR O TRABALLO ANTES DO 10 DE MAIO.

O BÁSICO SOBRE O LIBRO:
  1. Busca información  sobre a autora do libro . Non se trata de copiar unha biografía extensa senón de dar os datos básicos ( data e lugar de nacemento, profesión, obras publicadas, premios recibidos, actividades que desenvolve…)
  2. Fai un resumo do libro, que non che ocupe máis de dúas páxinas, contando o principal do seu argumento ( non uses o procedemento de cortar e pegar. É fundamental que haxa redacción propia)
  3. Identifica quen conta a historia e comenta se hai algún caso no que haxa cambios de narrador.
  4. Recolle información sobre os personaxes do libro explicando brevemente como son.
  5. Elabora un vocabulario  de dúbidas persoais . Escribe o significado de dez palabras que non coñeceses ou que che fosen pouco familiares.Trata de aprendelas.   
 ALGUNHAS CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR UN POUCO MÁIS:
                                                              
     6. Cando Amina escribe ao seu amigo Edu, fálalle de cousas que entre nós son comúns coma se se tratase de algo extraordinario. Isto é o que acontece cando lle fala da calefacción ou da sensación de frío, de poder saír á rúa sen medo a ser repatriada, etc. Busca ti outras cousas do mesmo tipo.
  1. Le detidamente a discusión sobre as linguas que se establece na clase de Sara. Explica en que consiste e que argumentos se empregan para defender  cada postura.
  2. Cando Amina escribe, despídese dunha maneira especial. Revisa como é e escribe ti  varias despedidas do mesmo tipo tal e como as fariamos nós  en Galicia.
  3. Ás veces somos tan crueis como Severo ou Valentín. Outras, somos valentes coma todas esas rapazas que deciden manifestarse e solidarizarse con Amina.Escribe algunha situación na que vises comportamentos semellantes. «As palabras tamén poden ser pedras que feren profundamente», Explica porque o titor do curso di esta frase . Logo trata de  lembrar algunha experiencia ou imaxinar situacións nas que isto sexa así.
  4.  Identifica algún feito narrado no libro que denote racismo ou discriminación dalgún tipo.
  5. Escribe en poucas liñas a historia que se agacha detrás do trauma de Ío ( tes que imaxinala ti co que deduzas da lectura do libro)
  6. Escríbelle unha nota a escritora expresándolle a túa opinión sobre a obra.
  7. Pensa nalgunha pregunta que che gustaría facerlle a Fina Casalderrey e escríbea. 


TÍTULO: O misterio do faro vello
AUTORA: Fina Casalderrey
Editorial: Xerais
Colección: Sopa de libros.
Sinopse:

Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo.




SOBRE ESTE LIBRO  DEBERÁS REALIZAR AS SEGUINTES CUESTIÓNS, CON REDACCIÓN PROPIA E BOA PRESENTACIÓN. DEBERÁS ENTREGAR O TRABALLO ANTES DO 10 DE MAIO.

O BÁSICO SOBRE O LIBRO:
  1. Busca información básica sobre a autora do libro . Non se trata de copiar unha biografía extensa senón de dar os datos básicos ( data e lugar de nacemento, profesión, obras publicadas, premios recibidos, actividades que desenvolve…)
  2. Fai un resumo do libro que non che ocupe máis de dúas páxinas contando o principal do seu argumento ( non uses o procedemento de cortar e pegar. É fundamental que haxa redacción propia)
  3. Identifica quen conta a historia e comenta se hai algún caso no que haxa cambios de narrador.
  4. Recolle información de cada un dos personaxes do libro explicando brevemente como son.Céntrate especialmente no personaxe de Belial Viario.
  5. Describe o lugar no que acontece a historia. As zonas de Beiramar.
  6. Elabora un vocabulario  de dúbidas persoais . Escribe o significado de dez palabras que non coñeceses ou que che fosen pouco familiares. Trata de aprendelas. 
ALGUNHAS CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR UN POUCO MÁIS:
  1. Fai unha recopilación das normas de educación viaria que aparecen neste libro .
  2. No libro faise alusión ao paso do tempo por medio da idade da protagonista e tamén con expresións como as seguintes: “pasa o tempo das cereixas, remata a época das claudias, xa celebraron en Beiramar a festa da Virxe do Carme.. Xa pintan de vermello as primeiras mazás do outono”   Indica canto tempo transcorreu desde o comezo ao final da historia e escribe ti outras expresións semellantes que puidesen indicar o paso do tempo.
  3. Pensas que Belial Viario pode considerarse un personaxe sobrenatural? Pensa nas súas características físicas , nas súas aparicións, nas súas accións…  Recolle as características que precises para xustificar a túa resposta.
  4. Ás veces somos insensibles perante as dificultades de persoas con discapacidades. Busca no libro un exemplo dun comportamento deste tipo . Pon outros exemplos que puedeses advertir na vida real .
  5. No libro aparece a realización dun rito máxico , menciónao. Coñeces ti algún rito ou superstición?
  6. Escribe en poucas liñas como será un día na vida de David  ( tes que imaxinala ti co que deduzas da lectura do libro)
  7. Escríbelle unha nota a escritora expresándolle a túa opinión sobre a obra.
  8. Pensa nalgunha pregunta que che gustaría facerlle a Fina Casalderrey e escríbea.