Mostrar mensagens com a etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas as mensagens

06/05/2014

PENÉLOPE


O poema Penélope é o máis coñecido de Xosé María Díaz Castro. Despois de comentalo na aula propóñovos que o comparedes coa versión construída por Claudio Rodríguez Fer, que o transforma para darlle un novo significado.
Analizade as dúas visións contrapostas que se ofrecen de Galicia.

Penélope

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
 e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
 a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

 Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

(Xosé María Díaz Castro)
Ulises

Un paso adiante e outro máis, Galicia,
e a tea dos teus soños xa se move.
A esperanza nos teus ollos faise circia.
Ara o tractor e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
estrolla o despertar como unha uva.
Xa non te envolves en sabas de mil anos,
nin en soños escoitas nunca a chuva.

Trouxeron xa os camiños cada día
a xente que levaron.
 Somos os mesmos.
Suco vai, suco vén, do río á ría
non volveremos xa pagar máis desmos.

Desorballando os prados coma sono,
cruzaremos o espello con Alicia.
Enterraremos suco a suco o Outono.
Un paso adiante e outro máis, Galicia!

(Claudio Rodríguez Fer)

30/04/2014

" ESA LUS "

             Como xa sabedes este ano dedícase o día das letras galegas a Xosé María Díaz Castro. Desde este blogue ( ver na barra da dereita) podedes acceder a moitas informacións e traballos sobre este escritor nacido nos Vilares (no concello de Guitiriz de Lugo). No intituto desta vila,que leva o nome do poeta ,están a desenvolver o proxecto educativo denominado A lus do mundo , para achegar a poesía de Díaz Castro aos escolares. Unha das iniciativas consiste en poñer música aos seus poemas , ás veces empregando melodías coñecidas e ás veces con composicións propias. 
Neste vídeo podedes  ver unha interpretación colectiva dedicada ao poeta co título "Esa lus"  . Tamén podedes descargar a base musical para cantárdela se vos presta.



 "Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 


Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus


Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá


Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá