Mostrar mensagens com a etiqueta CAMPOS SEMÁNTICOS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta CAMPOS SEMÁNTICOS. Mostrar todas as mensagens
20/09/2013
13/04/2013
04/04/2013
16/12/2012
AS RELACIÓNS DE PARENTESCO
Repara no seguinte gráfico que representa a árbore xenealóxica da familia de Uxía. Despois fíxate nos enunciados para aprender as relacións de parentesco.
Uxía é a filla de Laura e de Antón.Xosé é fillo de Valentín e Pilar
Martiño é irmán de Laura e Safi é irmá de Miriam
Iria é a esposa/muller/ dona de Paulo e é avoa de Uxía.
Xosé é o esposo/home/ marido de Amina e Valentín é avó de Miriam e Safi
Antón é o pai de Uxía.
Laura é a nai de Uxía.
Uxía é neta de Paulo e de Iria.
Iria é irmá de Mónica e tía do seu fillo Xoán.
Xoán é sobriño de Iria e de Paulo.
Marta , Paulo e Xosé son irmáns.
Amina é cuñada de Paulo e Marta.
Amina é a nora de Valentín e Pilar .
Pilar é a sogra de Amina, e Valentín é o seu sogro.
Antón é o xenro de Iria e de Paulo.
Anxo e Carme son cónxuxes porque están casados.
Carme é a bisavoa de Uxía e polo tanto ela é a súa bisneta.
Valentín é sogro de Iria.
EXERCICIOS
Indica o termo axeitado a cada definición:
1) Muller do pai, respecto dos fillos que este leve ao matrimonio: _ _ _ _ _ _ A.
2) O que perdeu os pais ou un deles: O _ _ O.
3) Sen cónxuxe, por ter falecido este e por non casar de novo: V _ _ _ O/A.
4) Madriña do neno ou nena acabado de nacer con respecto aos pais: C _ _ _ _ _ E.
5) Calquera persoa en relación co seu padriño ou madriña: A _ _ _ _ _ _ O/A.
6) Os fillos dalguén no seu conxunto: P _ _ _ E.
7) Antepasado, de quen procede en liña directa unha persoa: P _ _ _ _ _ _ _ _ R.
– Antía e Breixo [tomaron como filla] _________ unha rapaza peruana.
– A miña curmá Sabela [uniuse en matrimonio] _________ cun rapaz de Muros.
– A nosa veciña [quedou viúva] _________ moi nova e volveu casar ao cabo dos anos.
– Miña avoa dicía que ela [dera de mamar] _________ a todos os seus fillos e saíran todos moi sans.
– Coa voda da miña tía [adquirín parentesco por matrimonio] _________ coa familia do meu amigo Xurxo.
Completa coa palabra precisa:
Se André é o padriño de Antía , esta é a ..................... de André.
Se Ana é a sogra de Luís , Luís é o .................... de Ana.
Se María é a nora de Xosé, entón Xosé é o seu .....................
Se Robertó é o afillado de Uxía, esta é a súa .................................
Roberto tivo dous fillos, Xosé coa súa primeira esposa e Ana coa súa segunda parella. Ana é Xosé son .....................................
AQUÍ PODEDES ATOPAR MÁIS EXERCICIOS
Imaxe tomada do manual de léxico Proxecto Artello ( Léxico I)

VOCABULARIO RELACIONADO COA FAMILIA E O PARENTESCO
Substantivos
|
Adxectivos
|
Verbos
|
afillado/a
antepasado/a /devanceiro/a
avó/oa
bisavó/oa
bisneto/a
comadre
compadre
consogro/a
consorte /cónxuxe]
cuñado/a
curmán/curmá
esposa [muller, dona]
esposo [marido, home]
devanceiro/ antepasado
divorciado/a
dona /esposa/ muller
fillastro/a
fillo/a
herdeiro/a
home/marido/ esposo
irmán/irmá
madrasta
madriña
nai /mai
medio irmán/medio irmá
neto/a
nora
orfo/a
padrasto/a
padriño/a
pai
parella
primo/a
primoxénito/a
proxenitor/ora
separado/a
sobriño/a
sogro/a
tataraneto/a
tataravó/oa
tío/a
tío/a avó/oa
titor/ora
viúvo/a
xemelgo/a
xenro
|
achegado/a
adúltero/a
anenado/a
avellado/a avellentado/a
casadeiro/a
casado/a
consanguíneo/a
conxénito/a
conxugal
cuspido/a
familiar
filial
fraternal
fraterno/a
hereditario/a
infantil
infeliz
insociable
lactante
lonxevo/a
maior
marital
maternal
materno/a
mullereiro
namoradeiro/ a
nupcial
parturiente
paternal
paterno/a
prematuro/a
senil
setemesiño/a
solteiro/a
xenético/a
xuvenil
|
acoller
adoptar
afillar [apadriñar - amadriñar]
aleitar
aloumiñar
anovar [rexuvenecer]
asemellar(se)[parecer(se),imitar(se)]
atuar
avir(se) [reconciliar(se],
casar [desposar(se)]
comprometer(se)
concibir
consentir
convidar [invitar]
convivir
conxeniar
cortexar [galantear]
crecer [medrar]
criar
dar a luz
declararse
descender
desherdar
divorciar(se)
emparentar
enloitar(se)
enterrar [soterrar]
enviuvar
estimar [apreciar]
facer anos
galantear [cortexar]
herdar
invitar [convidar]
mocear
namorar(se)
porfillar [adoptar]
presentarse
respectar
retirar(se) [xubilar(se)]
testar
tutelar
xubilar(se) [retirar(
|
EXERCICIOS
Indica o termo axeitado a cada definición:
1) Muller do pai, respecto dos fillos que este leve ao matrimonio: _ _ _ _ _ _ A.
2) O que perdeu os pais ou un deles: O _ _ O.
3) Sen cónxuxe, por ter falecido este e por non casar de novo: V _ _ _ O/A.
4) Madriña do neno ou nena acabado de nacer con respecto aos pais: C _ _ _ _ _ E.
5) Calquera persoa en relación co seu padriño ou madriña: A _ _ _ _ _ _ O/A.
6) Os fillos dalguén no seu conxunto: P _ _ _ E.
7) Antepasado, de quen procede en liña directa unha persoa: P _ _ _ _ _ _ _ _ R.
Escribe de novo os seguintes enunciados no teu caderno e substitúe a expresión que
vai entre corchetes polo verbo axeitado dos que van na lista seguinte:
porfillar/ casar/ enviuvar/aleitar/ emparentar
– Antía e Breixo [tomaron como filla] _________ unha rapaza peruana.
– A miña curmá Sabela [uniuse en matrimonio] _________ cun rapaz de Muros.
– A nosa veciña [quedou viúva] _________ moi nova e volveu casar ao cabo dos anos.
– Miña avoa dicía que ela [dera de mamar] _________ a todos os seus fillos e saíran todos moi sans.
– Coa voda da miña tía [adquirín parentesco por matrimonio] _________ coa familia do meu amigo Xurxo.
Completa coa palabra precisa:
Se André é o padriño de Antía , esta é a ..................... de André.
Se Ana é a sogra de Luís , Luís é o .................... de Ana.
Se María é a nora de Xosé, entón Xosé é o seu .....................
Se Robertó é o afillado de Uxía, esta é a súa .................................
Roberto tivo dous fillos, Xosé coa súa primeira esposa e Ana coa súa segunda parella. Ana é Xosé son .....................................
AQUÍ PODEDES ATOPAR MÁIS EXERCICIOS
13/11/2012
A SAÚDE E AS DOENZAS
Estes días, en 1º de ESO , traballaremos co vocabulario da saúde e as doenzas. Para isto quedan aquí algunhas actividades e enlaces para poder practicar:
PREME AQUÍ E ATOPARÁS UN PEQUENO VOCABULARIO SOBRE A SAÚDE
PREME AQUÍ E ATOPARÁS UN PEQUENO VOCABULARIO SOBRE A SAÚDE
EXERCICIOS:
Ø Indica a que palabra que corresponda a cada unha das
seguintes definicións:
|
|
Enfermidade contaxiosa que se caracteriza pola aparición de
manchas rubias na pel.
|
|
Inflamación
purulenta do tecido conxuntivo, especialmente da enxiva.
|
|
Ferida ou chaga que se forma na pel.
|
|
Vulto moi pequeno e benigno que se forma na pel.
|
|
Tremor brusco e sensación de frío que, ás veces, acompaña á
febre nunha enfermidade
|
|
Enfermidade infecciosa e contaxiosa, de natureza vírica,
que produce febre alta e a aparición de pústulas con bostelas que ao caeren
adoitan deixar marcas na pel.
|
|
Dor muscular no pescozo, que impide mover a cabeza con
normalidade.
|
|
Enfermidade da pel, sobre todo da cara e das costas, que se
caracteriza pola formación de espiñas e de grans.
|
|
Gran ou furuncho que sae na beira das pálpebras.
|
|
Inflamación que se produce na raíz da uña. Inflamación
que se produce na raíz da uña.
|
|
Ferida superficial na pel, feita coas uñas ou cunha cousa
afiada.
|
|
SARAMPELO-
UÑEIRO- FURUNCHO-ESPULLA- ACNE-CABALEIRO-LAÑA-
RABUÑADURA-TIRIZÓ-VARÍOLA-FLEGMÓN
|
|
O
sufixo – ite
|
Ø Como se chama a inflamación dos seguintes órganos? Une coa palabra
adecuada
|
Estómago
|
Bronquite
|
|
Bronquios
|
Gastrite
|
|
Larinxe
|
Amigdalite
|
|
Pel
|
Larinxite
|
|
Oídos
|
Hepatite
|
|
Fígado
|
Apendicite
|
|
Amígdalas
|
Dermatite
|
|
Apéndice do intestino
groso
|
Otite
|
Ø Que significan as seguintes expresións?
|
Estar feito un buxo
|
Ter a voz tomada
|
Prender na fala
|
Ø Completa cunha palabra da mesma
familia léxica
|
DOR
• Andei todo o día coa cabeza ____________ por cousa dun golpe moi
____________ que recibín.
• Es un ____________, non te ergues da cama nin para ires ouriñar, e esa
____________ vaiche traer malos resultados.
|
CIRURXÍA
• A
____________ deixou as tesoiras esquecidas no quirófano logo de rematada
a operación ____________.
|
MÉDICO
• A
____________ avanzou moito nestes últimos anos.
• Na receita especificaba as ____________ que tiña que mercar.
|
SANGUE
• Na película víase o asasino coas mans ____________ despois de cometer o
crime.
• Non me fixe ron a transfusión ____________ despois de que ____________
tanto no accidente, polo que case me quedo.
|
DANO
• O home é un animal ____________ para a natureza.
• A sarabia ____________ toda a colleita de millo.
|
Ø
Reescribe estas oracións corrixindo as
interferencias do castelán que conteñen.
|
• O doutor
recetoume un medicamento para evitar que sinta vértigo.
.............................................................................................................................................................................
• Hai que
levar a Xurxo ao médico: non para de estornudar e di que ten escalofríos.
.............................................................................................................................................................................
• O xogador
lastimouse nun xeonllo e foi retirado do campo en camilla.
.............................................................................................................................................................................
• O avó non
quixo poñer a vacuna contra a gripe e agora leva dous días resfriado.
.............................................................................................................................................................................
• Esa dieta
que fas é unha loucura: aiunar en días alternos ten que ser perxudicial.
.............................................................................................................................................................................
• Xusto onde
agora teño ese grano tan grande antes tiña un arañazo.
.............................................................................................................................................................................
• O neno
atragantouse cun anaco de algodón que collera do botiquín.
.............................................................................................................................................................................
Ø
Enche
os ocos do texto coas palabras seguintes:
febre -
pulmonares - gripe - calafríos - cardíacas – arrefriado- asma - síntomas -
incubación - tose - espirros - vacina - prescrición
|
Piden un especial coidado dos
anciáns contra a gripe
Coincidindo co inicio das campañas
de vacinación da …........................... por parte das comunidades
autónomas,o Ministerio de Sanidade e Consumo recomenda a …………...................
antigripal nos grupos de risco para previr a enfermidade e evitar
complicacións máis graves.
Sanidade lembrou que, ao ser un
proceso vírico, o tratamento con antibióticos non é eficaz e só se deben
tomar baixo …............................. médica, para evitar a aparición de
resistencias bacterianas.
Para
o presente inverno, a Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial
do Sistema Nacional de Saúde fixo fincapé en que se deben mellorar as
coberturas de vacinación nas persoas de 65 ou máis anos e coñecer e mellorar
as coberturas de vacinación nos outros grupos de risco recomendados. Os
grupos de risco aos que se lles recomenda a vacina son persoas de 65 ou máis
anos de idade, nenos e adultos con enfermidades crónicas ………........................................
ou …………………................. (incluíndo nenos con .........................................
);
nenos
e adultos que precisasen seguimento médico periódico ou hospitalización no
ano precedente.
A
gripe é unha enfermidade de curso agudo. O período de…………. ................ é
de 48 horas cunha variación entre un e sete días. Con todo, algúns dos .............................
da gripe acostuman durar entre dúas e tres semanas.
Transmítese
polas segregacións respiratorias a través da .............................. e
os ............................... . Os principais síntomas son: ..............................
alta de ata 39 graos centígrados, ............................ , dor de
cabeza, dores musculares, prostración, espirros, tose intensa e persistente,
rinorrea, lagrimexo e farinxite leve. Durante a temporada de gripe, cuxa
máxima incidencia ocorre nos meses de outono e inverno, os síntomas doutras
afeccións respiratorias poden ser confundidos coa gripe, como o ...................................................
común.
|
24/10/2012
16/10/2012
24/06/2012
LÁMINAS DE VOCABULARIO
AQUÍ IREMOS ENGADINDO ENLACES PARA APRENDER VOCABULARIO.
PINCHA NOS ENLACES PARA ABRIR AS LÁMINAS COS CAMPOS SEMÁNTICOS
02/05/2012
01/02/2012
A saúde
Doenzas e síntomas
|
acne
afonía
- rouquén
alerxia
amigdalite
-anxinas
ampola
–bocha- vexiga
andazo
anemia
arrefriado
calafrío
cancro
cansazo
-canseira
carie
carraspeira
catarata
catarreira
-catarro]
cistite
claustrofobia
cólico
comechón
–proído- prurito
conxuntivite
corte
-laña
coxeira
dermatite
dor/dolor
|
drogadicción
[toxicomanía]
espiña
[gran da cara]
espirro
[esbirro]
espulla
[verruga]
esputo
[esgarro, gargallo]
esvaecemento
[desmaio]
flegmón
gripe
incubación
indixestión
infarto
infección
inflamación
influenza
[gripe]
insolación
insomnio
intoxicación
laña
[corte]
larinxite
lepra
|
lombrigas
loucura
[tolaría, tolemia]
lumbago
maniotas
miopía
mocos
molestia
quentura
[febre]
rabuñadura
rubéola
sarampelo
[xarampón]
tirizó
tolemia
[tolaría, loucura]
tose
tuberculose
[tise]
úlcera
uñeiro
varíola
[vexigas]
vertixe
vexiga
[ampola, bocha]
cambra
chaga
escordadura
ferida
fractura
[rotura]
|
Subscrever:
Mensagens (Atom)