Os pronomes persoais poden ser tónicos ou átonos.
PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS
Os pronomes persoais tónicos teñen acento de intensidade e son variables pois teñen flexión de xénero,número e persoa.
| 
        FORMAS
  DE SUXEITO | 
FORMAS CON PREPOSICIÓN | ||||
| 
PARA O TRATO 
INFORMAL | 
PARA O TRATO DE
  CORTESÍA | 
FORMAS LIGADOS Á PREPOSICIÓN CON | 
CON OUTRAS PREPOSICIÓNS | ||
| 
EU | 
- | 
COMIGO | 
MIN | ||
| 
TI | 
VOSTEDE | 
CONTIGO | 
TI | ||
| 
EL/ELA | 
- | 
CONSIGO | 
EL/ELA | ||
| 
NÓS/nosoutros | 
- | 
CONNOSCO | 
NÓS | ||
| 
VÓS/vosoutros | 
VOSTEDES | 
CONVOSCO | 
VÓS | ||
| 
ELES/ELAS | 
- | 
CONSIGO | 
ELES/ELAS | ||
     CONTRACCIÓNS  CO PRONOME TÓNICO
| 
EL | 
ELA | 
ELES | 
ELAS | |
| 
DE | 
del | 
dela | 
deles | 
delas | 
| 
EN | 
nel | 
nela | 
neles | 
nelas | 
- Os pronomes persoais tónicos que aparecen precedidos por unha preposición e, xa que logo, desenvolven a función de termo no sintagma , non poden nunca ser suxeito.
- min: Estiveron falando de min
- ti: Este xersei é para ti
- el, ela: Estás todo o día mirando para ela
- nós: Elas trouxeron ese agasallo para nós
- vós: Non esperaba iso de vós
- eles, elas: Podes ir xogar con eles
 
- Os pronomes ligados chámanse así por formar parte do seu corpo fónico a preposición "con". Actúan como complementos circunstanciais de compañía.
- comigo: Carme bailou comigo
- contigo: Túa nai quería falar contigo
- consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el
- connosco: Ven xantar connosco
- convosco: Vou xogar convosco
- consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas.
 
- Nós / Nosoutros
- Vós / Vosoutros
- Non é o mesmo nós que nosoutros. Nós refírese a un grupo amplo no cal esta incluído o falante, nosoutros refírese a un grupo pechado coñecido polo emisor e o receptor e especificado ,
- Exemplos : nós vivimos aquí
- nosoutros , os galegos, somos un pobo traballador. Elo
- Esta forma existiu no galego antigo mais na actualidade debe substituírse por pronomes demostrativos.
 
0 comentarios:
Enviar um comentário