O ser humano sempre utilizou a mitoloxía como
unha maneira para explicar a orixe do mundo, os desastres naturais, os cambios
estacionais, etc., é dicir,  os sucesos que non podía entender . As explicacións buscadas non sempre respondían ao razoamento científico. Antes que a
ciencia, a tradición popular, a maxia e a mitoloxía foron elementos clave para
que os humanos soubesen enfrontarse cos fenómenos naturais, por iso cultura popular
galega está chea de seres mitolóxicos que interveñen na vida das persoas
vivindo canda elas. Nos próximos días habemos traballar nas aulas sobre os    seres
míticos de  Galicia e  para ir iniciándonos
no tema podemos ver esta presentación que fixeron  no  CEIP Víctor Sáenz, de Mazaricos.
Tamén nesta presentación sobre as lendas galegas:
 
Finalmente ,nesta presentación podemos ler algunhas historias protagonizadas polos seres míticos que causas o "terror galego" :
 
0 comentarios:
Enviar um comentário