Durante a semana pasada lemos nas aulas a obra teatral de Manuel Núñez Singala titulada O achado do castro  , despois da lectura dramatizada desta peza tan cómica, toca facer un pouquiño de traballo para aprendermos  algo máis .   
        A continuación  reproduzo as actividades que vos serán entregadas a cada un de vós en formato dixital para que completedes ( por se hai algún despistado ) . Fixádevos ben na data de entrega do traballo e poñédevos mans á obra
 
| 
 
ACTIVIDADES SOBRE A
LECTURA DA OBRA 
 
O ACHADO DO CASTRO 
 Aínda que esta obra teatral ten carácter humorístico, recolle
algúns dos aspectos da vida cotiá na época dos romanos: as grandes
diferenzas sociais ,o poder absoluto do Emperador.  a existencia de
escravos , a adoración aos deuses do Olimpo, a presenza da vida
militar , a fala latina… 
Contesta
as seguintes cuestións: 
Averigua 
	en  que época foi o maior desenvolvemento do Imperio romano  e en
	que séculos os romanos ocuparon Galicia.
	
	 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 
			 |  
 
Explica cales 
	eran  as  clases sociais   da sociedade romana e que situación
	vivian os escravos.     Como se ve a situación dos escravos
	reflectida nesta obra? E o poder absoluto do Emperador? 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 |  
 
Na antiga
	Roma practicábase unha relixión politeísta ( moitos deuses)  . Na
	obra aparecen mencionados algúns deuses romanos . Consulta  cal era
	a función de cada un dos seguintes: 
 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
			Marte : 
			 
Xupiter: 
Neptuno: 
Venus: 
Cupido: 
Hércules: 
Zeus: 
Baco: |  
 
No texto
	aparecen os nomes dalgúns referencias a obxectos e costumes
	romanas, consulta o que son  as seguintes premendo nos enlaces  e
	escríbeo a continuación: 
	 
 
 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
TRICLINIO:
			
			 
CUADRIGA:
			
			 
ORXÍA ( NA ANTIGÜIDADE
			CLÁSICA) : |  
 
	A acción desenvólvese na época romana pero menciónanse
	elementos , situacións, institucións etc. propias da actualidade  
	co obxectivo de provocar a nosa risa. Esta mestura temporal chámase
	anacronismo.Busca exemplos de tres anacronismos na obra. 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 
			 |  
 
 
	Ao longo desta peza hai varias referencias a cancións populares
	galegas. Localiza dúas e reproduce correctamente a parte da súa
	letra que se menciona na obra. 
http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 
			 |  
 
 
Valora se na
	obra hai  aparición de algún tratamento “sexista” 
(
sexismo: comportamento
ou actitude que manifesta discriminación das persoas atendendo ao
seu sexo) 
 
-
  Cando se di que as mulleres saben gardar un segredo e os homes non
( páxinas 7-8) que imaxe se deixa en realidade do comportamento das
mulleres? Cres que se corresponde coa realidade? 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 
			 |  
 -
 Cando falan os soldados entre si ( a
soldado 1 é unha muller ) e o soldado 2  di  que os soldados teñen
que aguantar moito desde que están as mulleres no  exército.
(páxina 8) 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 
			 |  
-
 Cando o Emperador (na páxina 28 ) di os seus pensamentos en alto,
dá por suposto que se chega a algo con Arpexia  o normal sería que
ela fregase as copas ( e fastídialle que a dominadora Arpexia llas
poida mandar  fregar a el) . Na mesma páxina, cando é  Arpexia a
que amosa os seus sentimentos  di a frase “ canto daría eu por
remendarlle os calcetíns”. Cres que esa división de tarefas   é
lóxica? Por que se dá por feito que o de fregar e remendar
calcetíns e cousa das mulleres? 
	
	
		| 
Contesta dentro deste
			cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
 
			 |  
 Busca na obra 
	dez palabras das que non coñezas o significado e cópias aquí
	xunto co seu significado . Constrúe despois unha oración con cada
	unha delas. 
 
 
	
	
	
	
		| Palabra 
 | Significado 
 | Oración de exemplo: 
 |  
		| 
Enxugar: 
			 | 
 quitar a humidade, secar | Puxen a roupa a enxugar na corda 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
		| 
 | 
 | 
 |  
 
 
Fai un
	resumo do contido da obra que non supere as dúas páxinas.Trata de
	dividir o teu resumo en tres partes: introdución, nó e desenlace
	: 
		
		
			| 
Contesta dentro deste
				cadro( ampliándoo todo o que o necesites): 
Introdución: 
Nó: 
Desenlace: 
				 | 
Por último,
	tes que gardar este documento e enviarmo por correo electrónico ao
	seguinte enderezo: 
	 
Ou , se non tes correo electrónico,  entregarme unha copia por
medio dun pendrive 
 
 
PRAZO DE ENTREGA :  ANTES DO  DÍA  31 DE XANEIRO 
 
 
 
 
 | 
 
PRAZO DE ENTREGA :  ANTES DO  DÍA  31 DE
XANEIRO
 
0 comentarios:
Enviar um comentário