VOCABULARIO PARA
APRENDER:
| 
Cando a chuvia é
  feble | 
Cando a chuvia é
  forte | 
Cando hai tormenta | 
Con neve ou xeo | |
| 
Babuña 
Borralla 
Chuvisca 
Orballo 
Parruma 
Poalla 
Zarzallo | 
Arroiada 
Ballón/Balloada 
Chuvasco 
Dioivo | 
Centella/Chispa 
Raio 
Trono 
Lóstrego/Relampo/Alustro 
Tronada/Treboada 
Trebón | 
Auganeve 
Carambelo 
Folerpa/Farrapo 
Nevada/Nevarada/Nevisca 
Pedrazo/Sarabia 
Xeada | |
| 
A EXPRESIÓN DO
  TEMPO ATMOSFÉRICO ADOITA FACERSE COS VERBOS  
IR
  E HABER,  E NON CO VERBO FACER COMO NO
  CASTELÁN. 
Ir mal tempo/ ir bo tempo 
Vai un frío que non se para. | ||||
| 
Con néboa | 
Cando para de
  chover | 
Cando hai vento | ||
| 
Borraxeira. 
Brétema 
Bruma 
Mera. 
Neboeiro | 
Delampar 
Escampar 
Estiñar 
O arco da vella | 
Borrasca 
Brisa 
Corisco 
Refacho 
Temporal 
Vendaval 
Xistra | 
SÍMBOLOS USADOS NOS MAPAS DE METEOROLOXÍA:
ACTIVIDADES:
- Escoita a predición meteorolóxica prestándolle atención ao contido desta sección informativa . Fíxate ben en como se vai dando a información.
- Usando adecuadamente o vocabulario que tes nesta mesma páxina e os símbolos, debes asumir o papel de home ou muller do tempo e preparar , para expoñer diante do grupo, a predición para os próximos días .
Debes preparar  ben a seguinte estrutura:
-  Saúdo e palabras introdutorias)
-  Predición para mañá sobre as temperaturas máximas e mínimas  e sobre a
posibilidade de precipitacións  ( en
diferentes puntos da xeografía  de Galicia).
-  Información sobre  o estado do mar.
-  Predición meteorolóxica máis resumida para os seguintes días.
 

0 comentarios:
Enviar um comentário