A Pegallada
( Por Lucía Prado Cancela de 1º D)
A Pegallada é un paxariño de cor negra e branca que ten ollos verdes e dous corniños vermellos na cabeza. Gústalle pousarse na fiestra das casas e cando alguén cae ou ten unha desgraza ponse a rir ás gargalladas.
Un día unha moza andaba limpando a súa casa mentres a Pegallada a observaba desde a fiestra con algo de impaciencia. De súpeto a aquela moza comezou a soarlle o teléfono e cando contestou resultou ser o seu xefe que a despedira. A Pegallada ao oír aquilo comezou a rir sen parar.
Non se considera un animal perigoso pero dise que cando ves unha preto e miras para os seus ollos verdes é que vas ter algunha mala nova.
0 comentarios:
Enviar um comentário