01/09/2020

O HIPOPANDA

 

O HIPOPANDA

 ( Por Julia Penedo, de 1º ESO C) 



O hipopanda é un animal que se formou pola unión dun hipopótamo e un panda. Isto deu lugar a un pequeno hipopótamo de cor branca con manchas negras e cuberto de pelo.

A súa alimentación é herbívora e gústalle en especial tomar froita e algunhas raíces. Ten un carácter moi amigable, xa que non se espanta nin se amosa agresivo.

Este animal vive nas selvas profundas de Asia pero é moi raro atopalo.Temos constancia da súa existencia xa que foi visto hai moitos anos por un explorador que se adentrou no máis profundo  destas selvas. O explorador pensou nun primeiro momento que se trataba dun exemplar de hipopótamo con algún tipo de enfermidade na pel . Máis tarde  atopou varias familias de hipopandas nunha zona remota á que ninguén antes accedera. Sacou algunhas fotografías e é a única constancia que temos da súa existencia. Nunca ninguén o volveu ver.

0 comentarios:

Enviar um comentário