22/03/2024

VISITA AO PAZO DE MEIRÁS


 O alumnado de 3° de ESO visitou esta semana o Pazo de Meirás, unha actividade que vén complementar a lectura do libro de Eva Mejuto titulado A ladroa do Pazo de Meirás, proposto desde a materia de Lingua Galega. A obra recrea o período no que o Pazo foi convertido na residencia de verán do ditador Franco, logo dun proceso de espoliación de propiedades publicas e privadas. Contamos co mellor guía, Manuel Pérez Lorenzo, investigador e profesor  do noso instituto. A visita foi unha magnífica lección de historia.
Para saber máis contamos co  exhaustivo estudo, recollido no libro Meirás. Un pazo para el caudillo do que Manuel é coautor xunto con Carlos Babío.



18/05/2023

EVA MEJUTO NO F. AGUIAR

 

    Hoxe tivemos no Istituto  a Eva Mejuto, autora da obra A ladroa da Biblioteca de Meirás, unha novela xuvenil na que se amosan importantes sucesos do pasado recente na nosa contorna . No libro a escritora recrea como as Torres de Meirás , que pertenceran a Emilia Pardo Bazán, foron convertidas na residencia de verán do ditador F.Franco, despois dun expolio ao pobo de Sada. A protagonista,Mariña, é parte dunha desas familias que quedaron sen casa e sufriron a persecución por non seren do bando gañador.


12/03/2023

TRABALLOS DE FRASEOLOXÍA ( 1º ESO)


O alumnado de 1º de ESO estivo a realizar un traballo colectivo de fraseoloxía do galego. Cada alumna/o explicou unha frase feita do noso idioma e buscou unha fotografía adecuada para ilustrar o seu significado figurado.

26/02/2022

REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA

 Os días 21 e 22  de febreiro desenvolveuse a segunda xeira de xuntanzas dos clubs de lectura no instituto. 

O día 21, na Biblioteca o grupo  de adultos desenvolveu as súas reflexións sobre a obra El día de mañana  do escritor Ignacio Martínez de Pisón. 

No mediodía do día 22 celebráronse por segunda vez as xuntanzas simultáneas dos  diferentes grupos de lectores. Estes foron os libros :

GRUPO

LIBRO

PROFESOR/A

1º ESO ( grupo 1)

Tras a sombra do bruxo

Francisco Díaz Valladares

Mª José Pardo

1º ESO ( grupo 2)

As flores radioactivas

Agustín Fernández Paz

Irene Olveira

1º ESO  ( grupo 3)

A chamada da selva

Jack London

Elvira Castro

2º ESO  ( Grupo 1)

Penúltimas tendencias

Carlos Negro

Alba Alonso

2º ESO ( Grupo 2)

Un monstro vén a verme

Patrick Ness

Óscar García

3º e 4º de ESO

Palabras envelenadas

Maite Carranza

David del Río

1º Bacharelato

O cervo e a sombra

Diego Ameixeiras

Ana Camiño

Ciclo FP

La chica del abrigo azul

Mónica Hesse

Manuel Magariños

1º BAC - FRANCÉS

On a volé Mona Lisa

 

Beatriz Muíño


Algunhas das lectoras  da obra de Carlos Negro Penúltimas tendencias , coa dirección de Alba Alonso, fixeron esta  reivindicativa versión coas pandeiretas:


GUAPA Y A LA ÚLTIMA

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca permiten

que e poña guapa

con seseo e con gheada.

 

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca aconsellan

que e probe un vestido

coas cores das xestas.

 

Esas revistas do quiosco,

tan superpop e megafashion,

nunca comprenden

que ande descalza

e coa lingua

solta.

 

Carlos Negro en Penúltimas tendencias


25/01/2022

Día da ilustración. REIMUNDO PATIÑO

 REIMUNDO PATIÑO ( 1936-1980)  

 O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño.

        
    Para conmemorar este día , temos no Instituto unha pequena exposición que amosa a infomación máis relevante da vida de R. Patiño ,  as viñetas do cómic fundacional titulado " O home que falaba vegliota" e  algúns exemplares de banda deseñada que forman parte da historia deste xénero en Galicia.


Xaquín Marín
 e Reimundo Patiño son os indiscutibles pioneiros do cómic galego. Foron amigos e compañeiros de viaxe creativa. Xuntos lanzaron en 1975 Dúas viaxes, o primeiro álbum de BD galego no ético e no estético


" O home que falaba vigliota"


 O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

19/11/2021

LIBROS NOVOS

 Acabadiñas de  catalogar están estas novidades na biblioteca.

12/05/2021

OBRADOIRO XELA ARIAS

     Hoxe o alumnado de  1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo   POLO CORREO DO VENTO , está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Ariaspertencente á colección “Mulleres galegas” de Lela Edicións.

    Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato  con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.



Foi unha actividade entretida e ben proveitosa!

21/04/2021

Club de lectura: 22 segundos de Eva Mejuto



Hoxe os membros do club de lectura de 3º de ESO reunímonos para reflexionar sobre a obra de Eva Mejuto titulada 22 segundos

A identidade sexual é unha vivencia interna e tamén íntima. Está relacionada coa percepción que cada individuo ten sobre o seu corpo e os seus trazos físicos, no entanto esta percepción pode non corresponder co sexo  determinado no nacemento. Sobre esta cuestión trata este libro de Eva Mejuto no que Alex ten que vivir co nome de Xela e nun corpo feminino. Un tema que cómpre coñecer para aprender a respectar.

Foi unha xuntanza moi proveitosa, chea de interesantes reflexións.

Parabens , rapazada!

19/04/2021

LETRAS GALEGAS 2021 XELA ARIAS


 Como sabedes as Letras Galegas deste ano están dedicadas á poeta Xela Arias  Para ir ambientando , colocamos uns paneis informativos no instituto. A seguir deixamos tamén varias ligazóns nas que podedes atopar informacións sobre a autora :

Telexornal Xela Arias  elaborado polo alumnado do CPI  dos Dices

Biografía no Portal da Lingua galega

Fotografías de Xela Arias

Retratos de Xela Arias por Xulio Xil

A palabra esgazada  ( serie documental  sobre Xela Arias -6 capítulos -)

Darío recita versos da súa nai  ( da obra Darío a diario)

Primavera das Letras ( RAG)

01/04/2021

GALICIA MÁXICA

Ultimamente, o alumnado de 1º de ESO anda a investigar os nosos seres mitolóxicos . Percorreu as páxinas da galicia encantada e averiguou sobre o tardo, o lobishome, as sereas, os mouros e as mouras, os trasnos, o sacaúntos...  No corredor temos unha exposición dos que máis nos gustaron e unha chea de debuxos que recrean os preferidos pola rapazada: 




25/03/2021

CANDO PETAN Á PORTA POLA NOITE


Hoxe , o alumnado de 1º ESO C  que forma parte do club de lectura , xuntouse para falar sobre a obra de Xabier P Docampo  Cando petan á porta pola noite. Esta obra converteuse xa  nun referente  da literatura galega de medo . Gañadora do Premio Nacional de Literatura Infantil en 1995, segue dando moito que contar. O seu autor, un grande que nos deixou , amaba a literatura oral e os relatos contados e como homenaxe aos seus pais, contadores de sucesos , escribiu este libro marabilloso.

Como sempre, os lectores destacados  recibiron o seu diploma.



14/09/2020